Nin unha bandeira nin un luns calquera
 
 
 
22 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

O acto inaugural das doce do mediodía deste luns do Centro Municipal de Atención e Información á Muller, estivo marcado polas emocións de non poucos dos asistentes ao acto. Dende os concelleiros do BNG veciños do Couto, Isabel Pérez e Fernando Varela, ata un dos representantes da familia Villanueva Lombardero, titular do edificio donado agora para a causa das mulleres, Manolo Villanueva; o subdelegado do Goberno, Camilo Ocampo, que impartíu tamén a docencia nestas instalacions; e moitos outros sentimentos agochados dos que apenas se soubo.
Entre as asistentes tamén estaba a directora do Instituto de la Mujer, a ourensá Laura Seara.

Foron Marta Arribas e, sobre todo, Isabel Pérez, as que máis abondaron na historia desta senlleira construción nesta rúa do barrio do Couto á que acabou tamén por bautizar.
Isabel Pérez recordou, por exemplo, que nesta escola aprendeou seu pai, e que o inmoble atesoura unha extensa traxectoria vencellada á formación das xentes sobre todo do barrio do Couto. Mudaron os esquemas e plantexamentos educativos co pasar dos anos, máis nunca a súa principal finalidade, a educativa, ata chegar este 21 de marzo, estreno da primavera, na que se converteu no CIMM.

Evocouse iso, o estreno da primavera, como unha data axeitada, excelente, para a transformación do que nestes últimos anos foron as instalacións de Radio Ecca. E recordouse e honrouse a memoria de Villanueva Lombardero, veciño benefactor como ningún do barrio do Couto, para cuxos representantes Francisco Rodríguez, alcalde, tivo verbas de agradecemento de toda a cidade.
Foi, sobre todo, un acto emotivo o de este luns, primeiro da primavera deste 2011, no que aínda as que non eran veciñas do Couto levaron ao sitio algo que celebrar.
Como Marta Arribas, que gardou para ocasión tan sinalada aquela bandeira á que seu pai lle pintou a mán o escudo de Galicia. Que correu, emocionada pero enteira, para descobrir a placa chegado o intre, e da que non se desprendeu porque nin esa bandeira nin este 21 de marzo son unha bandeira e un luns calquera.

 
  Marta Arribas
Coa chegada da primavera Ourense estrenou o Centro Municipal de Atención e Información a Muller. Foi un acto emotivo nunhos locais estreitamente vencellados ao barrio do Couto, e no que elas, as concelleiras, levaron o peso da inauguración
 
 
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Inaugurado este luns o novo Centro de Información e Atención á Muller que se ubica no Couto  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google