Inaugurado este luns o novo Centro de Información e Atención á Muller que se ubica no Couto
 
Con un investimento de 600.000 euros con cargo aos Fondos do Estado, rematou a remodelación do Edificio de Radio Ecca na rúa da Ensinanza do barrio de O Couto de esta cidade, convertida agora no Centro Municipal de Información e Atención á Muller, o CIMM. Segundo a concelleira de Igualdade, Ourense xa ten “un espazo de referencia e símbolo para a atención a muller e a loita a prol da igualdade efectiva”
 
 
 
 
 
22 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense inaugurou este lunes, 21 de marzo, as novas instalacións que acollerán o Centro Municipal de Información e Atención á Muller, xestionado dende o departamento que dirixe Marta Arribas, a Concellería de Igualdade. Este proxecto, desenvolto con cargo ao Plan Estatal de Emprego e Desenvolvemento Local 2010, supón dotar definitivamente a Ourense “dun espazo de referencia e símbolo para a atención a muller e a loita a prol da igualdade efectiva, un lugar dende o que poder prestar un servizo de atención”, sinala a concelleira de Igualdade.

O novo edificio culmina a recuperación total do antigo edifico de Radio Ecca, no barrio do Couto, un inmóbel catalogado e protexido cuxa reforma foi concebida polo arquitecto  Fernando Fernández Lamas.
O resultado son unhas instalacións definidas por espazos “diáfanos, luminosos e acolledores” en verbas do propio arquitecto, un edificio de tres plantas do que se mantivo a estructura exterior e fachadas realizando un baleirado do interior que permitira unha distribución polivalente e adecuada aos diferentes servizos dos que disporá este centro de atención. Tal e como establece o propio proxecto, as obras desenvolvéronse desde o “máximo respecto ao entorno e a singularidade do edificio, cunha planta rectangular e unha estructura singular e con moita personalidade”.

As novas  instalacións do CIMM contan con salas de atención  correspondentes á educadora, psicóloga e traballadora social que xa hoxe prestan os seus servizos neste departamento, zonas nas que “as mulleres  poidan ser atendidas coa privacidade, tranquilidade e dignidade que requiren moitos casos”, destaca Arribas.
Hai tamén espazo para  a asesoría xurídica e departamentos administrativos.
Como novidades destacadas, o edificio está dotado dun servizo de gardería “pois facilitar a conciliación familiar é unha das nosas prioridades”, así como un centro de documentación en materia de xénero “aberto á sociedade, e onde as profesionais e os profesionais podan formarse”, destacou a titular de Igualdade do Concello de Ourense.
O proxecto de Fernández Lamas tamén comprende dotar o edificio dunha sala multiusos para acoller obradoiros e cursos de sensibilización cando sexa preciso.

Segundo figura na propia memoria do proxecto, actuouse nos tres níveis dos que dispón o inmoble, semisótano, baixo e baixo cuberta, que suman unha superficie de 544,16 metros cadrados.
A parcela total correspondente ao edificio é de 587 metros cadrados, contando cunha explanada a modo de patio aberto anexo a un dos laterais cuxa recuperación tamén está prevista no proxecto, e que nun futuro poderán adicarse ao desenvolvemento de actividades ao ár libre.
O proxecto de rehabilitación do antigo edificio de Radio Ecca foi unha obra inscrita no Plan Estatal de Emprego e Desenvolvemento Local, e está dotada cun orzamento de 600.000€.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Nin unha bandeira nin un luns calquera  
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, LUNES
 
Ourense celebra este lunes el Día Mundial del Agua, al lema de “Agua limpia para un mundo sano”
Una depuradora de Trives contamina terrenos de labranza y las aguas de la propia red fluvial
La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ourense, en contra del modelo que auspicia Feijóo
Laza desencadena unha batería de accións para defender a continuidade da súa base da BRIF
Dos jornadas formativas acercan el potencial del DNI y de la factura electrónica a los ourensanos
 

 

Añade OuD a tu Google