Ourense prepárase para acoller na vindeira semana o Encontro de Vilas Termais de España
 
Ourense prepárase para acoller esta vindeira semana o IX Encontro de Vilas Termais de España. A capital ourensá convírtese así no referente do termalismo do Estado, estando previsto que ao cume acudan máis de 50 municipios españoles
 
11 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

A cidade de Ourense, acollerá, os días 16, 17 e 18 de setembro, o IX Encontro de Vilas Termais de España. A sección da FEMP de Entidades Locais con Augas Mineromedicinais e Termais de España, promotora de este evento de carácter anual, delegou no Concello de Ourense a celebración de este evento, logo de que a candidatura ouresá resultara elixida por maioría absoluta no marco da VII asamblea da sección,  realizada o pasado ano na localidade andaluza de Lanxarón, Granada.
Máis de 50 municipios de toda a xeografía española están chamados a participar destes actos cuxo obxectivo último, segundo marca a propia FEMP, é “impulsar plataformas de colaboración entre concellos de cara a un aproveitamento integral dos seus recursos hidrícos”, vencellado á posta en común de experiencias e a definición de obxectivos comúns polos que traballar de xeito coordinado. Durante estes tres días a cidade convertiráse,  porén, nun centro de actividade e debate termal referente no Estado.

O programa de actividades do evento, no que a Concellería de Termalismo ven traballando nos últimos meses, foi presentado este venres no Salón de Plenos do Concello de Ourense. A concelleira de Turismo e Termalismo, Ana Garza, destacou que exercer como anfitrións deste encontro supón “unha  oportunidade de ouro para darnos a coñecer como unha cidade termal singular con moitísimas posibilidades” e ven situar “de xeito definitivo” a Ourense nunha posición privilexiada no panorama termal de España, ao mesmo tempo que é “un recoñecemento da FEMP a todo o traballo que este goberno municipal ten desenvolto a prol de esta industria”.
Neste contexto, a definición do programa de actividades responde a tres obxectivos claros: implementar as canles de comunicación entre os municipios galegos con recursos termais, presentar e difundir as posibilidades termais de Ourense e o seu modelo de termalismo lúdico e de lecer de carácter urbán e, por último, avalar e fornecer a posición de Ourense dentro da propia Asamblea da Sección. Este acto será o que peche o calendario, o sábado, día 18.

A edil de Termalismo  anunciou que despois da celebración do encontro, a cidade acollerá outra cita determinante nesta dirección, a celebración do Encontro de Cidades Termais, dentro do marco de TERMATALIA.
O encontro coincidirá coa primeira reunión de membros da Asociación Europea de Cidades Históricamente Termais (EHHTA) que se celebre en Ourense, socio fundador deste organismo  que nace co obxectivo de salvagardar os recursos que termais, definir políticas de promoción conxuntas e defender unhas políticas homoxéneas a nivel europeo en materia de termalismo. A acción reunirá na cidade das Burgas representantes de cidades termais de referencia no continente como Vichy, Bath ou a italiana Salsomaggiore.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Expertos en termalismo de Galicia e Portugal danse cita en Ourense nunha xornada científica  
     
 
 
     
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, VIERNES
 
Fiscalía abre diligencias por la seca del río Sil para el proyecto de Iberdrola “Santo Estevo II”
El profesorado de la Escuela de Idiomas de Ourense se movilizó contra los cambios de Educación
El Concello de Ourense refuerza ayudas y servicios escolares en un año “especial, según Rodríguez
El PP pide que se rectifique el sistema de valoración de las propuestas del nuevo Servizo de Limpeza
Estado y Xunta firman en Ourense inversiones de 27 millones de euros en el rural gallego
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google