A Xunta di que programou un cento de actividades do Xacobeo en Ourense, das que aínda quedan 20
 
 
 
10 de SEPTIEMBRE de 2010: OURENSE DIXITAL DIXITAL

En total, o Xacobeo 2010 programou para este ano na provincia  de Ourense un cento de eventos culturais en 31 concellos, e nos vindeiros meses desenvolveranse na provincia unha vintena de actos incluídos na súa programación, sinalaron este xoves o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos.
Os dous subliñaron a ampla variedade de propostas culturais para a provincia con motivo da celebración do Ano Santo, na que “non falta de nada. Hai para todos os gustos e idades”, dixo Rogelio Martínez.

Segundo as contas do delegado Territorial da Xunta en Ourense, a provincia de Ourense acolleu durante os oito primeiros meses do ano, preto de 80 eventos culturais programados en 31 concellos, contabilizando tanto os de organización propia como os patrocinios.
Neste período, achegáronse á provincia “artistas relevantes da escena musical actual”, citándose os casos dos patrocinios das actuacións de Fito&Fitipaldis ou Macaco, ou doutros artistas internacionais como Chris Isaak.
Por outra banda, desenvolvéronse na provincia de Ourense contidos de calidade como exposicións ou, no campo das artes escénicas, percorreron os escenarios ourensáns a célebre obra Master Class, patrocinada por Xacobeo. Dentro da programación propia, desenvolvéronse as actuacións de Nova Galega de Danza e

 
  Ignacio Santos, xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo
Esta cantidade de eventos son unha boa proba do compromiso da Xunta de Galicia coa provincia de Ourense”, sinalou Rogelio Martínez ao referirse ao máis dun cento de actividades culturais que dixo que o Xacobeo leva programadas en Ourense
 
 

tamén houbo tempo para a música clásica da man do ciclo Xacobeo Classics, do festival Via Stellae, e para a música galega, incluída no ciclo Xacobeo Raíces.

Martínez asegurou que “esta cantidade de eventos son unha boa proba do compromiso da Xunta de Galicia coa provincia de Ourense, do seu apoio firme ás rutas xacobeas e, en definitiva, do respaldo que ofrece o Goberno galego ao Camiño da Ruta da Prata”.
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou que unha das grandes propostas para esta provincia terá lugar este mesmo domingo no pavillón Paco Paz, que acollerá a partir das 21.00 horas o concerto do lendario artista Leonard Cohen, unha actuación para a que as entradas postas á venda xa están esgotadas.
Ignacio Santos recalcou que esta cita, da que gozarán 3.900 persoas, “converterá a Ourense nun punto de referencia no panorama musical nacional e internacional”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, JUEVES
 
18.000 niños de Primaria e Infantil se incorporan a las aulas este jueves en 121 centros ourensanos
El movimiento vecinal pide al Concello, sobre todo, para los mayores, y lo que más equipamientos deportivos
Tenencia dice que el consenso político marcó siempre la constitución de “Turismo de Ourense”
Los sindicatos agrarios trasladan a Martínez la necesidad de contratos homologados para la uva
La Cámara de Comercio de Ourense forma a 58 emprendedores y empresarios ourensanos
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

 

Añade OuD a tu Google