Con unha partida de 390.000, 46 mozos galegos da emigración xa solicitaron este ano as axudas para realizar estudos en Galicia, axudas que concede a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades. Hai catro programas distintos aos que se poden acoller estes mozos para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de Formación Profesional a realizar na comunidade autónoma de Galicia este vindeiro curso.
 
Noticias Relacionadas
  Xa están en Galicia os 358 mozos galegos do exterior que participan en programas de Emigración
  Emigración adica 700.000 € a programas de integración de inmigrantes e emigrantes retornados
 
 
Preto de 50 mozos da emigración xa solicitaron as bolsas de estudo da Secretaria de Emigración
17 de AGOSTO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Preto de 46 mozos galegos da emigración solicitaron este ano ás axudas que a Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ofrece aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de Formación Profesional a realizar na comunidade autónoma de Galicia durante o curso académico 2010-2011.

Estes estudos realizaranse a través de catro programas distintos.
O primeiro deles fai referencia ás bolsas de estudos universitarios de carácter oficial e con validez en todo o territorio estatal conducentes á obtención dos títulos de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
O segundo programa recolle as bolsas para a realización de estudos de ensinanzas universitarias en calquera das tres universidades galegas destinadas á obter o título de máster universitario.
O terceiro dos programas inclúe as bolsas destinadas ao intercambio con calquera das universidades galegas que teñan asinados convenios coas universidades extracomunitarias.
Por último, no cuarto programa inclúense as axudas para a realización de estudos de Formación Profesional de Grao Superior en centros públicos e privados da Comunidade que teñan ensinanzas concertadas.

Para o desenvolvemento deste programa que facilita aos galegos da emigración a realización de estudos na Comunidade Autónoma, a Xunta destina unha partida de 390.000 euros.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página