A UTE “Amencer reciclado e Borbike” será a encargada de agora en adiante da xestión do servizo de bicis gratuitas do Concello de Ourense. A UTE ocuparase de manter en óptimo estado as bicicletas, tanto as novas que están a chegar como as xa existentes. Así o acordou este xoves a Xunta de Goberno Local, que tamén acordou duplicar o parque de bicicletas da cidade que pasará de 98 a 214, mentras que as ubicacións onde se poden atopar as bicis tamén se duplica, pasando de 5 a 10. Na mesma sesión, a Xunta acordou aprobar o proxecto básico e de execución de centro deportivo de Eiroás en casi 7 millóns de euros.
 
Noticias Relacionadas
  Peatones y bicis tiene prioridad sobre los vehículos en la nueva Ordenanza de Trafico de Ourense
 
 
Ourense potencia a bici como medio de transporte e duplica o servizo de préstamo a 214 unidades
 
30 de JULIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión deste xoves, adxudicar definitivamente o contrato do servicio de mantemento do sistema de préstamo de bicicletas do Concello de Ourense á UTE formada por “Amencer reciclado e Borbike”, por un importe de 55.000 euros.
O contrato consiste no “mantemento en bo estado de funcionamento tanto das bicicletas novas como das xa existentes, prestando o servicio do xeito máis eficaz”, segundo sinala o acordo da Xunta de Goberno Local.

A adxudicación inclúese dentro dun conxunto de medidas que a Concellería de Medio Ambiente está a executar coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia, entre as que se atopa a ampliación e mellora do sistema de préstamo. O número de bicicletas e as bases aparcadoiro que se veñen ofrecendo desde o pasado mes de setembro de 2007 veranse duplicados, aumentando de 98 a 214 bicicletas e de 5 a 10 ubicacións de préstamo.
Ata o día de hoxe, o servicio foi empregado por un total de 2.773 usuarios, que recibiron un total de 9.823 préstamos de bicicletas, entre os cinco puntos de préstamo distribuídos na cidade actualmente: a Praza da Mariña, o Pavillón dos Remedios, a Avda. Otero Pedrayo, a Praza Bispo Cesáreo e a Avda. De Zamora.

No período do verán (entre abril e setembro), o horario de prestación do servicio prolóngase de oito da mañá á dez da noite.
Para empregar o servicio o Concello recorda que só é necesario solicitar a tarxeta de usuario na Concellería de Medio Ambiente, na Oficina Municipal de Turismo ou no Pavillón dos Remedios, cun custe de 5 euros ó ano.

Aprobación do proxecto de centro deportivo de Eiroás

Na mesma sesión deste xoves, a Xunta de Goberno Local acordou aprobar o proxecto básico e de execución de centro deportivo de Eiroás.
Neste caso, o proxecto básico de execución do proxecto é o presentado por “Serviocio Ourense, S.L”, e ten importe de 6.914.996 euros, xa co IVE incluído.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página