Os traballos nas Bugas entran na súa recta final. A Xunta de Goberno Local do Concello aprobou a contratación dunha asistencia técnica para redactar o proxecto de urbanización e posta en valor dos restos arqueolóxicos das hortas nas traseira da Burga. Asemade, o campo de fútbol de Os Remedios pasará a levar o nome do que foi porteiro do Real Madrid e da Selección Española de Fútbol, Miguel Ángel.
 
Noticias Relacionadas
  A nova adxudicataria da Limpeza de Ourense asumirá nos vindeiros 2 meses o novo servizo
 
 
O plan integral de reforma de As Burgas entra na súa última e definitiva fase  

31 de DICIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deste mércores tamén aprobou a contratación dunha asistencia técnica para a redacción do proxecto de urbanización e posta en valor dos restos arqueolóxicos das hortas traseiras das Burgas.  Rematadas as obras da piscina termal e contratado o adecentamento da praza de  Calpurnia Abana, o trámite agora aprobado dá luz verde á que será a última fase do plan integral de reforma para este Ben de Interese Cultural, símbolo da cidade de Ourense.
Nesta etapa actuaráse na zona da Casa dos Baños, na Burga de Arriba, onde nos pasados meses se foron desenvolvendo excavacións arqueolóxicas.

O recente trámite de expropiacións realizado en inmobéis da zona permitirá constituir nese entorno un espazo de titularidade pública de preto de 5.000 metros cadrados que conecte, a modo de boulevar, a rúa do Baño coa das Burgas e incorpore, previsiblemente unha zona verde. Este espazo acolllerá un centro de interpretación arqueolóxico termal que sirva como espazo expositivo e de estudo dos achádegos alí atopados, entre eles  unha piscina do século I a.C.

O Campo dos Remedios honra a Miguel Ángel

A Xunta de Goberno deu tamén o visto bó á iniciativa proposta desde  o Consello Municipal de Deportes de Ourense polo que se procederá a nomear as instalación de fútbol do complexo deportivo dos Remedios “Campo de Fútbol Miguel Ángel”. Destácase como “un xesto  en homenaxe ao ex porteiro da Real Madrid e da Selección Española de Fútbol, Miguel Ángel González Suárez, natural de Ourense”.

Volver atras
Imprimir Página