O Concello de Ourense implantará un novo modelo de limpeza na cidade, no que tódolos barrios disporán do máximo nivel de calidade. Aumentará as frecuencias de recollida de residuos, renovarase a totalidade da flota de vehículos e medios técnicos, instalaranse 2.000 novos contenedores, e un servicio diario de punto limpo móbil, e incorporaranse medidas ecolóxicas e de reducción de ruidos. Son algunhas das melloras que suporá a nova adxudicación do servicio de limpeza urbana e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos do Concello de Ourense, que aprobou a Xunta de Goberno Local na súa reunión deste mércores. A aduxicación queda aprobada definitivamente a UTE de Fomento de Construcciones y Contratas, COPASA e GESECO.
 
Noticias Relacionadas
  O plan integral de reforma de As Burgas entra na súa última e definitiva fase
 
 
A nova adxudicataria da Limpeza de Ourense asumirá nos vindeiros 2 meses o novo servizo
31 de NOVIEMBRE de 2009: OURENSE DIXITAL
   

De acordo coa proposta realizada pola mesa de contratacion que integraron o Interventor, o Asesor Xurídico, técnicos dos servicios de Contratación e Medio Ambiente, e representantes do Goberno municipal, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza deste mércores adxudicar definitivamente o contrato de xestión, mediante concesión, do servicio público de limpeza urbana e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos do Concello de Ourense á UTE formada polas empresas Fomento de Construcciones y Contratas, S.A., COPASA e GESECO. A adxudicación faixe nun prezo de 9.193.250,48 euros, IVE engadido.
A Xunta Local acordou tamén notificar o presente acordo ós licitadores e publicalo no perfil do contratante do Concello, e notificar á empresa adxudicataria e requerirlle para que concorra a formalizar o contrato en documento administrativo, no prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva. A empresa iniciará entón o proceso de asunción do servicio, que se desenvolverá progresivamente durante os dous primeiros meses do ano 2010.

 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 

Salto de calidade na prestación do servicio

O Concello que dirixe Francisco Rodríguez resalta ao respecto do novo contrato, que suporá un “salto de calidade” na prestación deste servicio, ao suplir unha concesión de 15 anos de antigüidade agora mesmo obsoleta a tódolos niveis.
Segundo o Concello de Ourense, o novo servicio reflexa un novo modelo de limpeza na cidade, no que tódolos barrios disporán do máximo nivel de atención. O modelo anterior, de círculos concéntricos fixaba varios niveis, dende o de maior calidade, correspondente únicamente ó centro da cidade (nivel 1),  ata os barrios e perímetro rural, onde se ía reducindo progresivamente a calidade do servicio.

O novo modelo establece como nivel máximo (1) o centro de todos e cada un dos barrios da cidade. Este modelo de multicentralidade fixa, así, o máximo nivel de limpeza tanto á rúa do Paseo como á Avenida das Caldas, entre outras, no barrio da Ponte, Ervedelo, no Couto, ou Avenida da Universidade, en Mariñamasa, o que se traduce en máis frecuencias e mellor servicio.
Nos dous primeiros anos, será renovada a totalidade da flota do servicio municipal: camións, varredoras, equipos de limpeza hidráulica, medios manuais, hidrolimpeza de pintadas, pedra ou musgo.

Recollida selectiva, novos contenedores e “repaso”

O novo contrato aposta pola recollida selectiva, incorporando un servicio de “punto limpo móvil”, que estará tódolos días e tódalas horas ó servicio dos cidadáns para recoller os seus residuos domésticos nos propios domicilios. Facilitarase así a recollida deste residuos, que ata agora tiñan que ser depositados nun dos puntos limpos ou se recollían a domicilio únicamente un día á semana: os mércores.

No primeiro ano da concesión, instalaranse nas rúas da cidade máis de 2.000 novos contenedores, de pedal, o que permitirá non ter que usar as mans para utilizalos. Serán antivandálicos e disporán de 600 litros de capacidade, fronte ós 250 dos actuais.

Incorpórase o “repaso”. Unha brigada de traballadores repasará as zonas con posterioridade ó paso das rutas de recollida de lixo, para deixar completamente limpas as rúas.

Aumentan considerablemente as frecuencias da recollida, especiamente na periferia, onde se pasará do modelo actual, de 1-2 días á semana a un modelo de 4-5 días á semana.

En canto á limpeza viaria, a maiores da mellora dos medios e vehículos, incorpórase unha medida ecolóxica, pola que a empresa concesionaria non poderá utilizar auga tratada para limpar as rúas, e incorporará novos vehículos que reducirán notablemente os ruídos para que os veciños non se vexan molestados pola execución dos traballos de limpeza.

 
Volver atras
Imprimir Página