O Carballiño xa ten a súa xoia, a urbanización da contorna do Templo da Veracruz inaugurada este xoves
 
"Non se recorda no Carballiño, unha obra, unha infraestrutura, unha instalación, non se recorda nada comparado con esta praza", dixo este xoves Argimiro Marnotes, alcalde de O Carballiño, ao inaugurarse as urbanización da contorna do Templo da Veracruz. Algo moi comentado incluso "sin facelo", sinalou o alcalde. O conselleiro Hernández inaugurou o remate dunhas obras que supuxeron un investimento pola Xunta de Galicia de 1,2 millóns de euros.
 
 
 
 
 
21 de JUNIO de 2013: CARBALLIÑO DIXITAL

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, xunto co alcalde do municipio, Argimiro Marnotes, inaugurou esta tarde as obras de urbanización e pavimentación da contorna do Templo de Veracruz, no Concello de Carballiño, no que a Xunta investiu 1,2 millóns de euros.
Hernández destacou o esforzo realizado polo Goberno autonómico para executar unhas actuacións que teñen por obxectivo poñer en valor este templo de gran valor arquitectónico. Engadiu que un proxecto como este, do arquitecto Antonio Palacios, necesitaba unha contorna á súa medida. "Á vista do resultado, hoxe pódese afirmar que O Carballiño ve finalizado o proxecto máis esperado da última década", afirmou o conselleiro.

Hernández recordou que este proxecto foi posible grazas á súa inclusión dentro do Plan Hurbe, co que o Goberno galego puido levar a cabo máis de 60 actuacións noutros tantos concellos galegos e que se traducen nun investimento de 86 millóns de euros para os municipios.
Os traballos executados melloraron unha área de máis de 8.000 m2, consistindo na pavimentación e implantación dos servizos urbanísticos de abastecemento e saneamento, enerxía eléctrica, alumeado público e telefonía.
A Xunta lembra que na actuación final se tivo en conta as propostas de colectivos veciñais, do Concello ou a Igrexa como a conservación integral da zona axardinada existente ao sur do templo ou do trazado actual do muro que delimita os xardíns pola rúa dos Canteiros.
Este proxecto de urbanización e pavimentación tamén implicou a rectificación do trazado dos pavimentos das beirarrúas da rúa dos Canteiros, adaptado ao muro de sillería citado no punto anterior. Tamén se reservou unha zona para actos públicos na confluencia da rúa dos Canteiros con Antonio Palacios, aproveitando o desnivel con escalinatas a modo de gradas.

Pola súa banda, o rexedor carballiñés, o popular Argimiro Marnotes, matizou que a nova praza da Veracruz "non a recibimos nós senón todos os veciños do Carballiño, esta praza, este entorno é deles".
Marnotes, que agradeceu a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o esforzo económico realizado a prol desta reforma, manifestou que "hoxe é un día grande, este 20 de xuño de 2013 é un día especial para todos nós". E lembrou que esta obra fixo realidade un desexo de máis de 20 anos de moitos veciños do Carballiño.
"Non se recorda no Carballiño, unha obra, unha infraestrutura, unha instalación, non se recorda nada comparado con esta praza. Nada neste pobo, sin telo feito, foi tan comentado durante tantos anos. Nada se ten comentado mais que a necesidade de que o noso Templo da Veracruz, contase cun espacio público no seu contorno que o protexese, pois protexendo ao Templo, protexeríamos ao Carballiño", sinalou o alcalde de O Carballiño.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, JUEVES
 
Educación garantiza que con los agrupamientos escolares del próximo curso las aulas no superarán los 18 alumnos
El Concello establece las líneas generales de la actuación urbanística en el sur de la zona histórica
O Concello de Ourense promove un novo espazo de actividades lúdicas para nenos e pais, o Espazo Coeduca
El PP de O Barco pide que la CHM-S estudie, de nuevo, el proyecto de dragado del Sil en la zona del Malecón
Cuestionan que el Concello de Xinzo suba el impuesto de la contribución "no peor momento da crise"