Pese as cautelas (non exentas de certa ironía) coas que Baltar manexou os poucos datos que deu na mañá deste xoves, pola tarde o candidado do PSOE deuse por aludido e anunciou que, si o presidente do PP non rectifica, o levará ao xulgado.
Segundo Avelino de Francisco, en Cortegada só están censados na súa casa él, a súa dona e os seus dous fillos.
 
Noticias Relacionadas
  El presidente del PP de Ourense indica que un candidato del PSOE tiene a 44 personas empadronadas en su domicilio
 
 
O candidato do PSOE de Cortegada anuncia que levará a Baltar ao xulgado senon rectifica  
24 de MAYO de 2007: OURENSE DIXITAL

O candidato do PSdeG-PSOE de Cortegada, Avelino de Francisco, negou hoxe que na súa casa estean censadas máis persoas das que viven nela, tal e como asegurou tamén hoxe o presidente do PP de Ourense, José Luis Baltar. A vista das declaracións do dirixente popular, Avelino de Francisco esíxelle unha rectificación pública do dito, pois do contrario presentaralle mañá unha querela por asegurar que na súa vivenda estaban censadas medio cento de persoas.
De non existir unha rectificación, Avelino de Francisco presentará mañá no xulgado o certificado censual que acredita que na súa casa de Cortegada, no lugar coñecido como Finca da Loba, están censados unicamente él, a súa dona e os seus dous fillos.

O PSdeG-PSOE de Ourense reitera, a raíz das infundadas acusacións de José Luis Baltar, que o PP non só está a facer trampas neste proceso electoral, senón que ademais recorre a mentira de xeito sistemático para ocultar o seu fraudulento proceder, acreditado co recoñecemento por parte do candidato do PP a alcaldía de Ourense de que tiña censadas na súa casa a 16 persoas.

O caso de Enrique Nóvoa, candidato do PP e actual alcalde, é dobremente grave e perverso por canto correspóndelle a el, como rexedor municipal, velar pola limpeza dos censos, motivo polo cal os servizos xurídicos do PSdeG-PSOE están a preparar a documentación para presentar na Fiscalía de Ourense un escrito de denuncia contra o candidato do PP a Alcaldía desta cidade por a presunta comisión dun delito electoral.

Imprimir Página
 
 
           
REDACCIÓN de Ourense Dixital