O Concello do Barco pon en marcha De perto–Espazos de cultura no Barco, iniciativas culturais en xuño e xullo
 
O Concello de O Barco de Valdeorras anuncia que porá en marcha este verán o programa De perto–Espazos de cultura no Barco, que foi presentado este luns polo alcalde do Barco, Alfredo García, e o concelleiro de Cultura, Eduardo Ojea. Serán un total de oito propostas escénicas, audiovisuais e musicais a celebrar entre os días 28 de xuño e 18 de xullo de 2013.
 
 
 
 
 
19 de JUNIO de 2013: VALDEORRAS DIXITAL

De perto–Espazos de cultura no Barco, iniciativa cultural do Concello de O Barco, servirá "para mostrar traballo de creadores e creadoras de aquí, artistas do Barco e da comarca, da música, do teatro e do audiovisual, en eventos de pequeno formato que terán lugar en recantos acolledores e non habituais para estes usos", sinalaron o alcalde deste Concello, Alfredo García, e o titular da Concellería de Cultural, Eduardo Ojea, ao presentar este novo programa de actividades para os meses de xuño e xullo.

O programa tamén pretende ser una ocasión para saber máis dalgún lugares, aos que incluso algúns descubrirán, coñecelos mellor a través das historias que eses lugares teñen detrás. Por iso, explicouse, cada un dos oito actos irá acompañado da exposición Lugares con historias que contar.
As actividades están pensadas, sobre todo, para os visitantes, aos que se lles quere amosar o patrimonio de O Barco e as potencialidades que se desenvolven aquí colectivamente.

Inclúe actuacións musicais do Cuarteto de Saxofóns do Barco (28 xuño, 20:30 Hs, Parque da Cruz-Pinar do Pega), Grupo de Corda e Coro de Cámara do Conservatorio do Barco (3 xullo, 20:30 Hs, igrexa de San Miguel do Mosteiro de Xagoaza); ao tempo que ofrece unha nova oportunidade para coñecer as tres montaxes teatrais que desenvolveu o grupo Gargallada Teatro na presente temporada: Cincenta on the rock (5 xullo, 20:30 Hs, Parque do Chao), Non me chames cariño, se non o sintes (12 xullo, 20:30 Hs, Patio das Escolas de Éntoma) e Quimera (17 xullo, 20:30 Hs, Xardíns da Casa Grande de Viloira).

Nos eidos do audiovisual haberá unha sesión co título de Mulleres, memoria e desmemoria con dúas películas significativas: Anacos do realizador barquense Xacio Baño, e Piedad do director lalinense Otto Roca.
Ao cumprirse 25 anos da rodaxe en Valdeorras de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, haberá un recoñecemento para o autor de esta longometraxe, e o feito do 150 aniversario de Cantares Gallegos dará pe tamén para a montaxe dun diálogo poético entre Rosalía de Castro e Florencio Delgado Gurriarán ao título Cantarenas e Cantares, ao cumprirse tamén 110 anos do nacemento do poeta de Córgomo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Vilamartín de Valdeorras acoge la exposición Retorno de los cuidados de las huertas del Camino de Invierno  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, MARTES
 
Kepa Junquera, Budiño, a homenaxe a Zeca Afonso e o Derrame Rock, principais propostas musicais das Festas de Ourense 2012
El PP pide a Fomento la misma tarifa del AVANT de Ourense a Santiago que de Santiago a A Coruña
Ourense también protestará este miércoles la reforma laboral y el rescate del Gobierno español a la banca
Los socialistas temen que la proyectada ampliación del Polígono de Pazos de Verín no se llegue a llevar a cabo
Vecinos de A Valenzá dicen que el Concello de Barbadás emplea al personal de Protección Civil en otras tareas