Kepa Junquera, Budiño, a homenaxe a Zeca Afonso e o Derrame Rock, principais propostas musicais das Festas de Ourense 2012
 
Kepa Junquera, Budiño, a homenaxe a Zeca Afonso, importante presenza de bandas locais e unha nova edición do Derrame Rock, son algunhas das propostas do programa de Festas da Cidade 2012 que foi presentado este luns pola concelleira Isabel Pérez e o titular de Deportes, Fernando Varela. Importante peso tamén, como de costume, da actividade deportiva, nun programa que ten un orzamento este ano de 310.000 euros (40.000 menos que o do ano pasasdo), que abrirá a chegada a Ourense do afiador Armando Álvarez o luns, día 25.
 
 
 
 
 
19 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense vén de presentar ese luns o programa de actividades previsto para "estes quince días de celebración continua nos que Ourense será a principal protagonista", sinalou a concelleira e tenente de alcalde, Isabel Pérez, ao presentar as Festas Maiores da cidade deste 2012.
Segunda a concelleira, unhas festas que aspiran a a ser "unha homenaxe á producción cultural e de lecer que se fai na cidade".

Isabel Pérez convidou aos veciños e veciñas da cidade a participar dun programa "para todos os públicos e idades" no que "se intentou dar cabida á  toda a importante actividade dinamizadora dos diferentes axentes que fan cultura na cidade".
Música, teatro, deporte, actividades infantís e animación de rúa protagonizan unha cita festiva na que non faltará o mercado medieval, as casetas gastronómicas ou as atracción e barracas na Alameda para os máis cativos. Un programa que, apuntou a tenente alcalde "significa Cultura para Ourense, porque Ourense é Cultura".
edil estivo acompañada polo concelleiro de Deportes, Fernando Varela, en representación da importante actividade deportiva que se desenvolverá estes días, e que se inicia este sábado co V Campionato de Futbolín Cidade de Ourense, e que inclúe entre outros a III Carreira Nocturna das Festas (día 30), Torneo de Chave ou o XLIV Descenso do Miño en Piragua (día 23).

O programa deste este ano conta cun orzamento de 310.000 euros (sen contar o Derrame Rock), 40.000 euros menos que no pasado ano. Pérez fixo fincapé na importancia deste investimento como fonte de recursos económicos, xa que "non se tratá só de democratizar o acceso á cultura, piar fundamental do benestar colectivo, senón que tamén contribúen a fornecer o atractivo de Ourense para os visitantes; a oferta cultural combínase coa turística, a gastronomía, o termalismo", para asegurar "unha experiencia única que moitos turistas repiten".

XVII Derrame Rock

Mención especial mereceu a presencia do Derrame Rock nas programación das festas, tres días de concertos de primeiro nivel na cidade previstos para os días 28, 29 e 30 de xuño.
Isabel Pérez apuntou que se trata "dun auténtico luxo para a cidade contar cun evento desta magnitude", non só por referenciar o nome de Ourense en todo Estado, senón polo importante número de visitantes que atrae,

Segundo a concelleira de Cultura e Festas, "o pasado ano xa rexistramos unhas cifras excelentes, e desta volta, coa mellora de ubicación que supuxo o traslado a Oira e ampliación de programación á propia cidade, estamos seguros de que superaremos marcas".

Un pregón homenaxe aos afiadores

Aínda que desde este xoves 21 xa se pode desfrutar da proposta de actividades, as Festas de Ourense arrancan de xeito oficial o luns, día 25, co Pregón das Festas.
O evento este ano está adicado á figura do afiador, nunha homenaxe ao traballo e vida destes profesionais "que levaron a imaxe de Ourense polo mundo adiante", sinalou Pérez.

As celebracións,  que inclúen maxia, monólogos e música da man dos Sonoro Maxín, terán o seu acto principal na chegada a Ourense de Armando Álvarez, escea final do filme documental que este afiador natural de Castro Caldela protagoniza: A última viaxe do Afiador, de Aitor Rei.
"O acto inaugural das Festas convírtese así non só nunha reinvindicación dunha figura senlleira na historia da cidade, senón que é tamén unha aposta pola producción audiovisual feita en Ourense e sobre Ourense", concluíu a concelleira de Cultura e Festas do Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  PROGRAMA das Festas de Ourense 2012 ao Completo  
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA