En brancos Divino Rei e Cuñas Davia e en tintos Viña do Campo, os mellores valorados polo público da Feira do Viño do Ribeiro
 
Para o público que acudiu a Feria do Viño do Ribeiro deste ano, Divino Rei 2012 é o mellor branco de adega dos que acudiron ao certame, e Cuñas Davia 2012 o mellor branco de colleiteiro. En tintos, o público valorou como o mellor Viña do Campo 2012. Ao peche do certame, a organización fala de "importante éxito en canto á participación do público", si ben non se facilitan, aló menos polo de agora, cifras.
 
 
 
 
 
6 de MAYO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

Divino Rei 2012, da adega Castro Rei, S.L., foi o Ribeiro gañador en Brancos de Adegas da Cata Popular da 50 Feira do Viño celebrada en Ribadavia ata este domingo. Pola sú aparte, Cuñas Davia 2012, de Adegas Valdavia, S.L., gañou en Brancos de Colleiteiros, mentras que Leive Paradigma 2012 levou o segundo premio.
En tintos, a Cata Popular deu como gañador a Viña do Campo 2012, de Bodegas Docampo, S.A., mentras que o segundo premio foi para Preto de Leive 2012 de Adegas Áurea Lux, S.L.

"Lles recoñecemos unha grande importancia, pois é o público o que premia. O consumidor recoñece e traslada nestes premios as súas preferencias e gustos, polo que non cabe máis que salientar o seu valor", sinalou o presidente do Consello Regulador desta D.O., Miguel Ángel Viso, no acto de entrega dos premios entrada a tarde deste domingo. Nesta cata tomaron parte un total de 270 persoas.
Dúas mulleres foron as mellores catadoras de viños brancos, ambas empatadas na puntuación, María Martínez Abad de Ribadavia, e Lorena Soto Rodríguez de Toén. Mentras que o mellor catador de tintos foi Luis Antonio García Docampo, de Santiago de Compostela.

A Cata Popular é unha actividade que o Consello Regulador desta Denominación de Orixe dirixe ao público en xeral, que é o que cata e premia os mellores viños da Feira. A concurso presentáronse este ano 31 marcas, 18 en viños brancos e 13 en tintos, que foron todas valoradas polo sistema de cata a cegas.
O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge, felicitou a todos los adegueiros e colleiteiros que participaron nesta Feira e, no acto de entrega de premios, especialmente aos premiados.
Para os organizadores, principalmente o Concello de Ribadavia e o Consello Regulador, a 50 edición da Feira do Viño do Ribeiro chega ao seu remate cun "importante éxito en canto á participación do público".
"Os datos reflicten un importante respaldo a esta nova liña de organización da Feira, onde a calidade e a innovación se mesturan coa tradición e a cultura do viño", sinala a organización, aínda que non se facilitan números de participación no certame feiral.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  O concurso Cociñar con Ribeiro segue a completar o receitario que busca o Consello Regulador desta D.O.  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, SÁBADO
 
La Mesa de Negociación del Plan de Ajuste de Xinzo se centra ahora en lograr una reducción salarial que evite el ERE
La CIG dice que le vale la vía de la reducción salarial, pero quiere blindar a los trabajadores ante imprevistos
Los acreedores del Concello de Xinzo cobrarán ante de finales de mayo los 3,8 millones de las 2.445 facturas ...
Los ex BNG de Xinzo tendrán que completar mandato como independientes en el Grupo de los No Adscritos
Baltar avisa de que calquera cidadán pode convertirse nun medio de comunicación libre e sen censura