Manuel Baltar avisa de que calquera cidadán pode convertirse nun medio de comunicación libre e sen censura
 
Este venres tivo lugar a entrega dos Premios Xosé Aurelio Carracedo de prensa, que este ano o xurado otorgou a Juan Maceiras, da COPE, e aos promotores do xornal dixital "Tempo de Lecer". O presidente da Deputación, Manuel Baltar, dixo no acto de entrega que estamos a vivir un momento histórico no eido da comunicación, "onde a inmediatez informativa ten que ir da man da calidade e do rigor para acadar os máximos niveis de excelencia na comunicación".
 
 
 
 
 
5 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O xornalista da Cadena COPE en Ourense, Juan Maceiras, e Raquel Feijóo e Israel Elíaz do xornal dixital cultural "Tempo de Lecer", recibiron este venres os Premios Xosé Aurelio Carracedo de prensa instituídos pola Deputación Provincial de Ourense para recoñecer a traxectoria anual neste eido dos profesionais ourensáns dos medios de comunicación.
Juan Maceiras recibiu o primeiro premio, dotado con 5.000 euros, polo traballo “Tertulias no Café Latino”, no que o xurado valorou o feito de que reflexa "a actualidade ourensá a pé de rúa e representa unha fusión entre a sociedade e a comunicación".
O segundo premio, cunha contía de 3.000 euros, foi para o diario dixital cultural "Tempo de Lecer", sinalando o xurado que con este premio quérese recoñecer a audacia empresarial de Feijóo e Elíaz levando a cabo un proxecto xornalístico destas características, ademais do novidoso do formato e a gran calidade xornalística do traballo.

Trala intervención dos premiados tiveron especial significación as palabras do sobriño e afillado de Xosé Aurelio Carracedo, Miguel Jiménez Carracedo, quen agradeceu que o nome "do que foi un amante e entusiasta do xornalismo e da información siga vivo entre nós, da man do premio que cada ano outorga a Deputación de Ourense", dixo.
Pola súa banda, o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar, afirmou que estamos a vivir un momento histórico no eido da comunicación, "onde a inmediatez informativa ten que ir da man da calidade e do rigor para acadar os máximos niveis de excelencia na comunicación". Baltar engadiu que nestes tempos de crise, de reinvención, de repensar absolutamente todo, "tamén a prensa afronta unha etapa crucial, nun momento histórico no que calquer cidadán convértese, por obra e graza das redes sociais, nun medio de comunicación, libre, sen censura, con seus seguidores e en tempo real".

Manuel Baltar subliñou que estamos entrando na etapa histórica do que poderíamos denominar o "xornalismo á carta", como xa existe na programación televisiva, "cunha mensaxe clara de aposta pola especialización en función do segmento de poboación interesado en recibir e recabar noticias. Unha poboación que xa non só recibe senón que emite libremente. En definitiva: libertade de prensa no seu máximo expoñente".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El periodista de la COPE, Juan Maceiras, y el digital Tempo de Lecer, ganan los Premios Carracedo 2012  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, JUEVES
 
Rodríguez califica la insistencia en el soterramiento del AVE de “cuestión política” y “capricho” del PP
“Criar emprego e combater a crise”, objetivo prioritario de los de Isabel Pérez en Ourense
El PP anuncia que implantará la Ventanilla Única total para todos los trámites en el Concello de Ourense
Núñez Feijóo plantea a los concellos menos dedicaciones exclusivas y sueldos tipo para los alcaldes
Irrumpe en la precampaña Terra Galega pidiendo menos “tonterías” en el Concello y más ayuda al comercio