A artista vasca Miren Xare Álvarez Beracoechea gaña o XII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense
 
A artista vasca Miren Xare Álvarez Beracoechea acadou o primeiro premio na XII edición do Certame de Artes Plásticas que anualmente convoca a Deputación de Ourense. Lévase o premio de 3.000 euros, mentras que o segundo foi para Neves Serara Palacio con Golondrinas I. Olor a verano, e o terceiro para Cómprate una vida de Alexandre Prada Souto.
 
 
 
 
 
3 de XULLO de 2011: OURENSE DIXITAL

A artista do País Vasco Miren Xare Álvarez Beracoechea acadou o primeiro premio na XII edición do Certame de Artes Plásticas que anualmente convoca a Deputación de Ourense para artistas menores de 30 anos, coa súa obra Easting Northing Elevation. A obra é  unha instalación composta de 40 pezas de escaiola sobre madeira mais unha litografía ampliada e transferencia sobre papel, na que a autora reflexiona sobre os territorios e os espazos xeográficos.
O primeiro premio está dotado con 3.000 euros.

O segundo premio, dotado con 2.000 euros, foi para a obra Golondrinas I. Olor a verano, un traballo con acuarela e collage de Neves Seara Palacio. Mentres que Alexandre Prada Souto conseguiu os 1.000 euros do terceiro premio coa obra Cómprate una vida, un traballo dixital sobre lenzo de 190x150 centímetros.
Os accésits de 500 euros cada un foron para o ourensán Fernando Durán por unha fotografía analóxica titulada 54,206387,67.222158, e para unha instalación de María del Pilar Boullosa Alvarez, titulada Belleza forzada.

A esta XII edición presentáronse máis de cen traballos de todo Galicia e de lugares como Madrid, Sevilla, Asturias, Málaga, San Sebastián, Barcelona ou Bilbao.
O certame complétase agora cunha exposición a celebrar no mes de setembro, onde se poderán ver as obras galardoadas e unha selección das obras presentadas a esta edición.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MARTES
 
Ni los parados se salvan del trato "inxusto" de la Xunta de Galicia a Ourense, denunció este lunes el alcalde
Sánchez Presedo traslada a la UE el caso de las cianobacterias de As Conchas, y recuerda que ...
O persoal relacionado coa estranxeiría revisa este martes a normativa estatal que regula esta competencia
Ourense acolle dende este martes as xornadas sobre "Cidadadanía, cidade e cultura. Tempo de crise"
Máis de 240 nenos participan este verán nas actividades dos centros cívicos da capital ourensá