Máis de 240 nenos participan este verán nas actividades dos centros cívicos da capital ourensá
 
Uns 250 nenos da cidade participan este verán nas actividades organizados nos centros cívicos do Concello de Ourense. As actividades deron comezo este luns, coa visita do alcalde e das concelleiras de Educación e de Benestar Social ao Centro Cívico de A Ponte. Xogos, manualidades e contacontos son algunas das actividades destes centros nos meses de xullo e agosto.
 
 
 
 
3 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, Marga Martín, e a concelleira de Educación, Ana Garrido, visitaron este luns o Centro Cívico da Ponte con motivo do inicio das actividades de verán na Rede de Centros Cívicos do Concello de Ourense (Colón-Casco Vello, A Ponte, A Cuña e As Termas).
A Concellería de Benestar social, oferta actividades para os nenos e nenas de Educación Infanbtil e Primaria, proporcionándolles unha alternativa de lecer activa, educativa e lúdica, e paralelamente axuda a nais e pais na tarefa de conciliar a vida laboral e familiar, que se volve, se cadra, máis complicada, nos periodos vacacionais dos cativos.

Durante os meses de xullo e agosto, de luns a venres e de 10.30h a 13.00h, os rapaces poderán desfrutar de obradoiros, xogos, manualidades ou contacontos, entre outras, que se dividirán en quincenas. Esta primeira quincena de actividades, dende o 2 de xullo ao 16 de xullo, estará adicada aos “Transportes, viaxes e vacacións”. As seguintes son:

17-31 de xullo: “As cidades, a nosa cidade. Educación Vial”
1-14 de agosto: “Os xogos olímpicos, os deportes e os países”
15-31 de agosto: “Respeto polo medio; Os seres vivos e os animais”

Nesta edición, o número total de inscritos é de 247 nenos e nenas, divididos do seguinte xeito: 119 no Centro Cïvico da Ponte, 57 no Centro Cívico de Colón, 45 no Centro Cívico de A Cuña e 26, no Centro Cívico de As Termas, no barrio do Pino.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, SÁBADO
 
Los socialistas pedirán una auditoría de las cuentas y la eficacia de los servicios de la Deputación de Ourense
El Concello de Xinzo sigue teniendo pendiente completar la documentación relativa al parque náutico
Concluido el puente sobre el Arenteiro en Piñor de Cea que soluciona el paso provisional de la autopista
Cerró el Hospital de Piñor este 30 de junio para ser convertido en Hospital Psiquiátrico
Los trabajadores despidieron a Piñor sintiendo muchos que “é como si te desahuciaran”