A Deputación de Ourense terá acceso a base de datos da Axencia Tributaria de Galicia que xestiona a Xunta
 
Moi pronto, a Deputación de Ourense terá acceso directo á base de datos da ATRIGA, a Axencia Tributaria de Galicia. Así que, sen necesidade de pedir os datos a dita Axencia, a institución provincial accederá atoda aquela información de tipo económico que precise para a concesión de subvencións, axudas ou para efectuar todo tipo de contratación con particulares ou empresas sen necesidade de que os cidadáns teñan que achegala pola súa conta, por exemplo.
 
 
 
 
 
18 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron este luns en Ourense un convenio de colaboración que permitirá facilitar e simplificar os trámites administrativos a cidadáns e empresas, mellorando a xestión telemática dos mesmos.
No marco deste acordo, a Axencia Tributaria de Galicia, ATRIGA, cederá información tributaria á Deputación de Ourense a través de procedementos telemáticos, de modo que o organismo provincial poderá acceder a esta documentación sen necesidade de pedirlla aos cidadáns. Isto servirá axilizar os procedementos de resolución de expedientes e dotalos de maior fiabilidade.

"Nestes momentos máis ca nunca, cidadáns e empresas teñen que ter de nós, as administracións, respostas rápidas e eficaces, e con este procedemento de mellora telemática conseguiremos máis axilidade nas tramitacións administrativas, o que redunda en beneficio do cidadán", sinalou ao respecto o titular da Deputación ourensá, Manuel Baltar.
A partires de agora, a Deputación de Ourense poderá obter directamente da ATRIGA toda aquela información de tipo económico que precise para a concesión de subvencións, axudas ou para efectuar todo tipo de contratación con particulares ou empresas sen necesidade de que os cidadáns teñan que achegala pola súa conta.
Por exemplo, a institución provincial recibirá da Axencia Tributaria de Galicia cada vez que o solicite o certificado de que unha entidade ou un contribuínte ourensán está ao corrente dos pagos coa Administración autonómica.

A Consellería de Facenda foi xa pioneira no impulso da e-administración e en ofrecer servizos electrónicos para facilitar a realización de trámites a través de internet, ampliando prestacións e mellorando así as relacións entre Administración e cidadáns. Neste sentido, Elena Muñoz lembrou que dende 2003 xa é posible a presentación e o pago telemático de impostos autonómicos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, LUNES
 
Según la diputada Laura Seara, "o Goberno pretende que os concellos desaparezan pola vía dos feitos"
Medio Rural busca privatizar parte del refuerzo del verano de las brigadas helitransportadas, según APROPIGA
La Ordenanza que regula y obliga a la Inspección Técnica de Edificios de Ourense ya es de aplicación
El PSOE de Barbadás exige al Concello que elabore un Plan de Emerxecias para sus edificios públicos
Óscar Rivero será profeta en su tierra al proponerle el Gobierno de Xinzo para la Insignia del Concello