Deputación e Universidade ofertan 600 prazas para os Cursos de Verán do Campus presentados este martes
 
Deputación de Ourense e Universidade de Vigo presentaron este martes os Cursos de Verán do Campus de Ourense e o programa de Bolsas Ourense Exterior. Hai 10 destas bolsas que van dirixidas a universitarios estranxeiros que sexas descendentes de galegos, mentras que as prazas que se ofertan para os Cursos de Verán do Campus son 600 en total.
 
 
 
 
 
29 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o presidente do Consello Social desta universidade, Ernesto Pedrosa, presentaron este martes no Centro Cultural Marcos Valcárcel, os Cursos de Verán do Campus de Ourense e o programa de Bolsas Ourense Exterior, actividades que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses.

No que atinxe aos cursos de extensión universitaria, a temática que abordan este ano refírese a temas economía, empresa, medio ambiente, audiovisual, comunicación e enoloxía.
Os cursos, para os que se ofertan 604 prazas, terán lugar entre os meses de xuño e setembro en diferentes localidades da provincia: Ourense capital, Muíños, Allariz, Celanova e Sandiás.
As taxas que os interesados teñen que aboar van desde os 30 euros aos 110 euros, dependendo da duración e da temática do curso.
Ademais, deberán cumprimentar a ficha de inscrición e formalizar a matrícula en calquera dos lugares que a Universidade de Vigo pon a súa disposición, presentando o xustificante de pagamento, a ficha cuberta, a credencial de bolseiro/a de ser o caso e unha copia do DNI.

En canto ás Bolsas Ourense Exterior, o programa oferta 10 bolsas individuais para cursar estudos universitarios de primeiro curso de máster oficial, en matrícula ordinaria, nas diferentes titulacións de posgrao presenciais que se imparten no Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Van dirixidas a universitarios estranxeiros que sexas descendentes de galegos.
Para poder participar neste programa, os beneficiarios deben  ser  emigrantes ourensáns, galegos ou/españois, ou os seus descendentes ata o segundo grao inclusive, residentes no exterior.
A bolsa cubre os gastos das taxas de matriculación, o aloxamento durante o curso na Residencia Universitaria, ademais de axudar cos custos da viaxe ata 600 euros. O financiamento das bolsas provén das achegas da Deputación de Ourense que destina 10.000 €; do Consello Social da Universidade de Vigo que aporta 8.000 €, e a Universidade de Vigo que asumirá o gasto da Residencia Universitaria de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, MARTES
 
Verín pidió este lunes que laviajens Urxencias del PAC se queden donde están y noal Hospital Comarcal
Adif adjudicó las labores de control de uno de los tramos más ciegos del AVE , Conso-Campobecerros
Otro acto vandálico, este en la Alameda, deja hechos añicos 17 cristales de la varanda de la zona inferior
Castrelo de Miño ensaya un canal de televisión digital con 300 minutos de videos realizados por varias televisiones
Comeza este luns un completo programa de actividades da quinta Semana dos Maiores do Concello de Ourense