Ao recoller o Premio Carracedo 2013, Aser Álvarez loubou o "compromiso social" de Celso Emilio Ferreiro
 
Ao recibir o Premio Xosé Aurelio Carracedo deste 2013, o xornalista ourensán Aser Álvarez loubou "a traxectoria vital de Celso Emilio Ferreiro e a súa maneira de entender a vida, coa palabra social en maiúsculas". No Día Internacional da Liberdade de Prensa, Manuel Baltar destacou "a importancia do pluralismo para a tolerancia e a convivencia democráticas", dixo o presidente da Deputación de Ourense.
 
 
 
 
 
4 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Nun acto celebrado ese venres no Salón de Plenos do Pazo Provincial, o xornalista ourensán Aser Álvarez recibiu o galardón que o acredita como gañador da edición 2013 do premio de xornalismo Xosé Aurelio Carracedo dotado con 3.000 euros, certame que anualmente convoca a Deputación de Ourense para honrar a memoria do xornalista ourensán que lle da nome ao premio.
Aser Álvarez, cuxo traballo foi premiado por unanimidade polo xurado, dixo sentirse moi agradecido porque máis ca un premio "é un recoñecemento á traxectoria vital de Celso Emilio Ferreiro e a súa maneira de entender a vida, coa palabra social en maiúsculas".
Aser Álvarez fixo extensivo o ser galardón a súa familia e a todo o equipo que traballou para facer realidade "esta mestura entre información, historia e literatura", sinalou.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo que hoxe, que conmemoramos o Día Internacional da Liberdade de Prensa "temos que destacar sinaladamente a importancia que ten o pluralismo para a tolerancia e a convivencia democráticas", e cualificou ao xornalismo como "un dos piares esenciais do noso estado social e democrático de Dereito".

O acto de entrega do premio contou coa presenza, ademais, do presidente e dos membros do xurado, e do sobriño e afillado do Xosé Aurelio Carracedo, Miguel Jiménez Carracedo, quen fixo un percorrido no seu discurso pola faciana máis humana de Xosé Aurelio Carracedo, destacando o seu amor por Ourense "e polas pequenas-grandes cousas que me ensinou con esa mirada especial con que só os xornalistas saben ollar a vida cotiá".

Aser Álvarez, en opinión do xurado, foi merecente do premio pola innovación no tratamento informativo que ofrece o documental, "xa que abre novas portas ao xornalismo ao conxugar elementos puramente informativos con técnicas e narrativa cinematográfica, o que contribúe a enriquecer a mensaxe", sinala o fallo do xurado.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Un traballo de Aser Álvarez sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro, Premio Carracedo 2013  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, VIERNES
 
El Concello de Xinzo de Limia se queda sin Grupo del BNG al abandonar el equipo de Díaz Penín
La lluvia y el festivo castigaron a los Maios de este 2012, reducidos este año a su mínima expresión
La tercera reunión de la Mesa del Plan de Ajuste de Xinzo arrancará con el visto bueno del Estado al Plan
El Presupuesto de 2012 del Concello de Ourense "está rematado prácticamente" y se conocerá la próxima semana
Al presentar la Feira da Saúde, Marga Martín anuncia que ninguna asociación se quedará sin subvención en 2012