32 maios están inscritos este ano para a tradicional Festa dos Maios deste domingo na capital ourensá
 
Hai 32 maios inscritos para participar este domingo na Festa dos Maios deste ano da capital ourensá. Son 10 máis que os que tomaron parte o ano pasado na tradicional festa, segundo ven de informar a Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Entre actuacións (3.000 euros) e premios (11.000 euros), a Festa dos Maios deste ano ten un orzamento de 14.000 euros.
 
 
 
 
Maios de 2012 (ARCHIVO)
4 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense di ter todo a punto para celebrar este domingo, día 5, a tradicional Festa dos Maios, unha celebración "típicamente ourensá" que dende o ano 2001 ten o recoñecemento de Festa de Galicia de Interese Turístico.
O Concello lembra que "os Maios corresponden a unha destacada parada dentro do Ciclo Festivo desta cidade".

Pechado o prazo de inscrición para participar nos Maios de 2013, hai apuntados un total de 32, que son 10 máis que o pasado ano, segundo ven de sinalar a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
A Festa dispón este ano dun orzamento de 3.000 euros adicados ao pagamento doas actuacións, máis 11.000 que se destinan a premios nas distintas categorías que ten o concurso.
Para a categoría de Enxebres hai inscritos 17 maios, 9 na de Artísticos e 6 na de Creativos.
A maiores haberá un obradoiro de realización dun Maio artístico do Concello que se fará nos Xardíns do Padre Feijóo.

O Programa da Festa que facilita a Concellería de Cultura e o seguinte:

- 11.00 Chegada dos Maios Lamas Carvajal – Rúa do Paseo

- 12.00 Animación musical “ Gomes Mouro”

- 12.00 Comezo do canto das coplas ao pé dos Maios

- 12.00 a 14.00 Obradoiro: elaboración do Maio tradicional conxunto nos Xardíns do Padre Feijóo

- 12.00 Concerto da Banda Municipal de Música de Ourense na Praza Maior

- 17.30 Animación musical Gomes Mouro nos Xardíns do Padre Feijóo

De seguido, entrega de premios do Concurso de Maios e Coplas 2013

Ao longo de todo o día, nos Xardíns de Padre Feijóo instalarase a 6ª Exposición fotográfica Maios na Memoria

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, VIERNES
 
El Concello de Xinzo de Limia se queda sin Grupo del BNG al abandonar el equipo de Díaz Penín
La lluvia y el festivo castigaron a los Maios de este 2012, reducidos este año a su mínima expresión
La tercera reunión de la Mesa del Plan de Ajuste de Xinzo arrancará con el visto bueno del Estado al Plan
El Presupuesto de 2012 del Concello de Ourense "está rematado prácticamente" y se conocerá la próxima semana
Al presentar la Feira da Saúde, Marga Martín anuncia que ninguna asociación se quedará sin subvención en 2012