En marcha a campaña Ourense, capital do Entroido na que se implican 30 establecementos hosteleiros
 
30 establecementos hosteleiros da capital ourensá súmanse á oferta turística do Entroido desta cidade, que repite reclamo de edicións pasadas, Ourense, capital do Entroido. A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, presentou a campaña este mércores, e sinalou que ten como obxectivo principal manter a ocupación hoteleira do ano pasado, que rondou o 80% na capital ourensa. Así como que Ourense-cidade sexa "o centro dun triángulo máxico formado por Verín, Xinzo e Laza".
 
 
 
 
31 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense ven de anunciar a posta en marcha a través da Concellería de Turismo, da campaña Ourense, capital do Entroido, que pretende aproveitar o atractivo turístico destas datas para promocionar os sectores termal, cultural e gastronómico da cidade, cun variado abano de ofertas e promocións competitivas. A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, acompañada de Javier Outomuro, representante da Unión de Hosteleiros, entre outros, presentaron este mércores dita campaña e o conxunto de ofertas que inclúe.

A finalidade da campaña, que da continuidade á de anos anteriores, é "abrir a cidade a tódalas persoas que se acheguen a Ourense atraídos polo Entroido, á vez que se ofrecen máis motivos aos veciños para saír á rúa e desfrutar do ambiente festivo", sinalou a concelleira. A proposta incorpora ofertas de restaurantes, aloxamentos e termalismo, agrupando un total de 12 hoteis, 18 restaurantes con menús especiais, aos que se unen ofertas das estacións termais de Outariz e Chavasqueira, a piscina das Burgas e Balneario de Laias.

Así, a oferta da cidade será variada e asequible para todos os petos, con prezos "máis que competitivos", segundo valorou a titular de Turismo, Mónica Vázquez. A campaña inclúe a distribución de 5.000 folletos na rúa, hoteis e oficinas de información das cidades veciñas para aproveitar o arrastre turístico, así coma o contacto, promoción e relación directa dende a web e as redes sociais, con Internet como soporte de comunicación protagonista.
Así mesmo o Entroido ourensán estará presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, sendo un dos elementos principais do stand de Galicia.

Dende a Concellería de Turismo preténdese manter ou incluso mellorar as cifras de ocupación hoteleira do pasado ano, que se achegou ao 80%.  A concelleira de Turismo, Mónica Vázquez, calificou o Entroido na nosa cidade coma "o centro dun triángulo máxico formado por Verín, Xinzo e Laza, do que a capital quere participar aportando tradición e participación cidadá".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 31, MARTES
 
Manuel Vázquez califica de "titiritada" el hecho de que el Comité Electoral del PPdeOU designe ...
El Colegio de Médicos de Ourense pide que no se dude de la profesional de los facultativos del CHOU
La Mesa del Acuerdo Regulador del Concello sigue sin conseguir que todos los sindicatos nombren ...
En marcha este mércores un servizo de cita previa de acceso aos servicios sociais do Concello de Ourense
Fernando Román publica "Ética e estética de Arturo Noguerol Bujan" que publica Auria Editorial