O conselleiro de Industria compromete un investimento de 1,5 millóns de euros para a Tecnópole en 2013
 
 
Ao facer a súa primeira visita a Tecnópole ourensán, o novo conselleiro de Industria, Francisco Conde, comprometeu un investimento da Xunta en 2013 no Parque Tecnolóxico de 1,5 millóns de euros. É "unha aposta moi significativa", sinalou o conselleiro
 
 
 
9 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL
 
 
 

A Xunta de Galicia ven de anunciar que en este ano, 2013, aprobará unha contía de máis de 1,5 millóns de euros para a Tecnópole ourensán, o Parque Tecnolóxico de Galicia ubicado en San Cibrao das Viñas. Así o sinalou o novo titular de Industria da Xunta, Francisco Conde, na que foi a súa primeira visita ao recinto tecnolóxico.
O no conselleiro de Economía e Industria estivo acompañado na súa visita polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen cualificou o anuncio de "moi positivo" e de "aposta firme" da Xunta de Galicia pola Tecnópole galega en Ourense.

Tamén o conselleiro cualificou o investimento de "aposta mi significativa". Segundo Francisco Conde, un investimento destas características "marca unha prioridade de Xunta de Galicia e desta Consellería por Ourense, por este Parque Tecnolóxico, polo emprendemos e pola I+D".
Nesta primeira visita do conselleiro, Francisco Conde loubou tamén a colaboración que está a producirse entre os diferentes estamentos públicos e privados, para que o proxecto e as iniciativas do Parque Tecnolóxico sigan adiante no eido da innovación e da transferencia e do desenvolvemento tecnolóxico.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, LUNES
 
Comienza este lunes la elección de delegados para el Congreso Provincial del PSOE del día 21
El PP sostiene que el Concello de Ourense funciona con un Servizo de Axuda no Fogar no autorizado
La Plataforma Incineradora NON en O Irixo convoca una gran manifestación para el día 29
El PSOE carballiñés quiere que este mismo lunes se forme la Comisión de Seguimento de la incineradora...
En 2012 el Consello Municipal da Muller de Ourense cambia de denominación y modifica estatutos