Convocada unha nova edición do Concurso de Proxectos Tenolóxicos que acada a súa 12ª edición
 
Con máis de 2.000 euros en premios, convocouse a décimo segunda edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos que patrocina a Deputación de Ourense. O obxectivo desde certame é impulsar a competitividade empresarial e crear novas oportunidades laborais. O concurso da cabida a todos aqueles traballos onde prime unha clara aplicación das súas ideas ó mundo empresarial.
 
 
 
 
 
29 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

Innovación, talento e novas tecnoloxías, como receitas que contribúan a loitar contra a crise e xerar emprego e competitividade. Esta é a fórmula pola que aposta unha nova convocatoria do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, patrocinado pola Deputación de Ourense e organizado por Expourense e a Escola Superior de Informática do Campus de Ourense, que se presentou este mércores no Centro Cultural Marcos Valcárcel da institución provincial ourensá.

O presidente provincial, Manuel Baltar, o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, e o director da Escola Superior de Informática do Campus de Ourense, Enrique Barreiro, presentaron a que é a 12ª edición deste certame, destacando "a traxectoria de calidade, que ven avalada en todos estes anos polos traballos presentados a concurso", segundo subliñou Manuel Baltar. "A pesares da crise, a Deputación de Ourense segue apoiando esta iniciativa que aporta competitividade, favorece a xeración de emprego e estreita lazos entre os ámbitos da empresa e a universidade", explicou Manuel Baltar.
O concurso da cabida a todos aqueles traballos onde prime unha clara aplicación das súas ideas ó mundo empresarial.

Vencellar a investigación realizada na universidade coas necesidades e demandas reais do mundo empresarial é a finalidade principal deste Concurso de Proxectos Tecnolóxicos.
Co obxectivo de achegar aínda máis este concurso aos universitarios, o acto de entrega dos premios terá lugar, por primeira vez, na Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo-Campus de Ourense, e será o xoves, 13 de decembro.

Concederanse tres premios en cada unha das dúas categorías ata totalizar unha coantía de 2.100 euros, sendo os primeiros premios de 500 e de 700 euros respectivamente segundo se traten das modalidades A ou B, respectivamente.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, MARTES
 
Baltar Pumar invita, tácitamente, a Feijóo a adelantar las autonómicas de 2013, seguro de que "o PP volvería a gañar"
Cuadros del PP ourensano manejan la fecha del 4 de marzo de 2012 como la del anticipo electoral
El Parque Ribeiriño de Ourense estará listo para su disfrute en la primavera del año que viene
Persoal del Concello convoca a los sindicatos a sentarse en la mesa de negociación del convenio colectivo
El PSOE denuncia que Xunta y Deputación se rebotan el arreglo de los viales del Polígono