O Centro Cultural da Deputación acolle un ciclo de cine árabe que ten a música como protagonista
 
Coa música como protagonista, o Centro Cultural Marcos Valcárcel anuncia un ciclo de cine árabe que comezará o martes, día 30, e rematará o 3 de novembro. O ciclo está organizado polo Festival Amal e conta coa colaboración da Deputación de Ourense a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, ademais de outros recintos culturais de Galicia.
 
 
 
 
27 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación acollerá entre os días 30 de outubro e 3 de novembro un ciclo de cine árabe baixo a denominación de Amal Musical-Music Film Fest on Road e no que a música será o eixo de unión das diferentes proxeccións.
"A música é unha forma de expresión que ten unha orixe ancestral nas culturas árabes, o mesmo que en Galicia. É unha linguaxe sensible e universal que ao igual que o cine pode unir os pobos de todo o mundo e levarnos a establecer novas vías de comunicación e diálogo", sinalan os organizadores deste ciclo.

Este ciclo está organizado polo Festival Amal e conta coa colaboración da Deputación de Ourense a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, ademais de outros recintos culturais de Galicia coma o MACUF (A Coruña), o MARCO (Vigo) ou a Rede Museística de Lugo.
Tódalas proxecións no Centro Cultural serán ás 20:00 horas e terán acceso libre e gratuito. Abriranse o día 30 con Brigding the Gap, unha película realizada en Alemaña no ano 2007 sobre  o famoso músico e compositor Rabin Abou-Khali, un mediador entre Oriente Medio e Occidente. A película sígueo nas súas residencias de Munich e Beirut e nos seus ensaios coa BBC Orchestra en Londres.

O día 31 proxéctase Festival in the Desert. Creado no ano 2011, os homes azuis do deserto visten roupas occidentais e tocan guitarras eléctricas. Sobre a area do Sahara as culturas mesturanse, coma a voz de Robert Plant cos ritmos Tuareg. O festival do deserto acerca e une realidades.

Para o día 2 de novembro está programada Checkpoint Rock. Cancións dende Palestina, firmada por Javier Corcuera e Fermín Muguruza. Neste film ponse voz e melodía a Palestina, aos seus músicos, á súa vida, ao seu destino e ao tempo que lles tocou vivir e que se reflicte nas súas letras e melodías.

Finalmente, o ciclo pèchase o día 3 de novembro con Next Music Station, Marrocos, un documental no que se percorre  a vida musical de Marrocos como capital da vangarda musical do norte de África. Participan a Orquestra Chekara de Tetuán, OUM, H-Kayne, Hamid el Kasri, Karima  Skali e Khadja El Ouarzazia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, JUEVES
 
El PP denuncia un nuevo impuesto del Concello de Ourense que Fernández califica de "imposto revolucionario"
El Gobierno de Ourense desmiente las que califica de "nuevas falsedades" de Rosendo Fernández
El PSOE acusó a Juárez de estar más ocupado en el "apagón informativo" que en "apagar os lumes"
Samuel Juárez rebate que Medio Rural haya bajado la guardia en la lucha contra el fuego en octubre
El PSOE de Vilardevós denuncia contrataciones a dedo a empresas de fuera vinculadas al PP