Aberto o prazo para solicitar subvencións con cargo á Concellería de Cultura do Concello de Ourense
 
Cultura do Concello de Ourense ven de publicar as bases da convocatoria de subvencións para asociacións culturais sen ánimo de lucro e proxectos a desenvolver nesta cidade. O departamento de Isabel Pérez sinala manter como obxectivo prioritario a promoción de actividades lúdicas e culturais de interese para a poboación, así como o apoio a programas festivos nos barros e nas parroquias desta cidade.
 
 
 
 
 
20 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense ven de publicar as bases que rexerán a convocatoria de subvencións da Concellería de Cultura do Concello de Ourense para asociacións culturais sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos na cidade, así como a convocatoria de subvencións en especie para a realización de programas festivos en barrios e parroquias. Deste xeito, a convocatoria convértese en firme e o proceso e totalmente operativo a partires de agora.

"A Concellaría de Cultura renova así un ano máis o seu compromiso co fomento das   actividades lúdicas e culturais na cidade, prestando apoio ás entidades que traballan neste eido. A finalidade é posibilitar a realización de actividades de promoción, animación e difusión da cultura, diversificando os axentes e mantendo un carácter plural e cidadá", sinala o departamento que dirixe a tamén tenente de alcalde do Concello de Ourense, a nacionalista Isabel Pérez.

O orzamento total que se destina ao apoio a asociacións e entidades é de 148.750 euros, subvencionando até un máximo do 75% un proxecto por solicitante.  Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas ou xurídicas, asociacións, comisións de festas e entidades sen ánimo de lucro, legalmente constituídas que desenvolvan accións destinadas á promoción e cooperación cultural e a difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega no ámbito do Concello de Ourense. Outro dos requisitos é atoparse ao corrente coas obrigas fiscais co Concello e ca Seguridade Social.

Aqueles interesados dispoñen de 40 días naturais contados a partir do 18 deste mes de agosto para tramitar as súas solicitudes mediante instancia no rexistro xeral do Concello de Ourense dirixida á Concellaría de Cultura. Se a documentación presentada fose incompleta ou presentase erros emendables, haberá un prazo de 10 días hábiles para corrixir a falta ou xuntar documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude e procederase ao arquivo desta.
A valoración das solicitudes efectuarase ponderando criterios coma o interese xeral da actividade, interese sociocultural, número de persoas que participan e se benefician da acción, ou a calidade, interese, orixinalidade e carácter innovador.

Apoio ás festas nos barrios

No relativo ás subvencións en especie para a realización de programas festivos, a concellaría de Cultura destina un orzamento de 27.677,80 euros para o apoio a celebración de festas patronais nos distintos barrios da cidade.

O obxecto da convocatoria son persoas físicas ou xurídicas, comisións asociacións e entidades sen fin de lucro que realicen actividades de interese municipal dentro do Concello ou en beneficio deste. Ao igual que no caso das subvencións á asociacións culturais, non poderán ser destinatarios aquelas entidades que non se atopen ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Ourense ou a Seguridade Social.

Os que desexen acollerse a esta convocatoria, deberán presentar a correspondente solicitude no prazo de 40 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da mesma no Boletín Oficial da Provincia. Aqueles interesados en solicitar a subvención, poderán facelo mediante unha instancia no rexistro xeral do Concello de Ourense dirixida á Concellaría de Cultura.

Os requisitos para acceder ás axudas desta convocatoria contemplan, entre outros, que conten cun programa de actividades, que estean destinadas e fomenten a participación xeral da veciñanza, establecer un orzamento global de gastos e ingresos e a
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  BASES DA CONVOCATORIA NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA, BOP  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, SÁBADO
 
Los socialistas exigen que Urxencias del Complexo Hospitalario de Ourense vuelva a la normalidad
Urxencias de Ourense tiene "un dos mellores resultados de resposta a nivel nacional", dice el CHUO
El PSOE acusa al Gobierno de Barbadás de incrementar tasas con afán recaudatorio y engañar a los vecinos
Fomento adjudicará dos nuevos tramos del AVE, y ya son 7 este año, de la línea Madrid-Ourense
Pardollán, en Rubiá, celebra este domingo haberle ganado al olvido y a la maleza la Iglesia de Santo Estevo