A Deputación de Ourense xa oferce na súa web información urbanística dixitalizada de 15 concellos da provincia
 
Dende este xoves xa é posible consultar na web da Deputación de Ourense os plans urbanísticos de 15 concellos, información que se incorporará ao Sistema de Información Urbana do Ministerio de Fomento. A institución que preside José Manuel Baltar insiste na súa aposta por a dixitalización dos precedementos e Inernet como vía de achegar a información a cidadanía do xeito máis práctico.
 
 
 
 
 
15 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense está a levar a cabo dentro do programa "Urbanismo en Rede" un proxecto para achegar a información dos concellos aos cidadáns, o que ven facendo coa publicación en Internet da información urbanística dixitalizada dos municipios de Ourense.
Dende este xoves xa é posible consultar na web da institución provincial os plans urbanísticos de 15 concellos, información que se incorporará ao Sistema de Información Urbana do Ministerio de Fomento.

A institución que preside José Manuel Baltar, incide en subliñar a súa aposta polas novas tecnoloxías, que se materializouse coa incorporación das novas TIC no ámbito urbanístico municipal. O proxecto de dixitalización dos Plans Xerais de Urbanismo dos concellos da provincia de Ourense, presentado polo Negociado de Planificación da Deputación de Ourense ao programa Urbanismo en Rede, iniciouse no segundo trimestre do 2010, entrando nunha primeira fase os concellos de Allariz, Celanova, O Carballiño,  Sandiás, Verín, O Barco de Valdeorras, San Cibrao das Viñas e Xinzo de Limia, e nunha segunda fase, na que se incorporaron Avión, A Peroxa, Esgos, Melón, Muíños (Pendente de finalizarse), Toén, Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar.

"Con esta iniciativa a Deputación de Ourense pretende dar resposta a unha necesidade moi demanda polos cidadáns mediante a publicación por Internet dos plans urbanísticos, fomentando así a interoperabilidade entre administracións a través de servizos web e mellorando a eficiencia na xestión, introducindo ferramentas que faciliten a operativa dos técnicos municipais", sinala a Deputación ourensá.
Así mesmo, esta iniciativa facilitará aos cidadáns a obtención de información urbanística online de forma inmediata e persoalizada.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, MIÉRCOLES
 
Fidalgo Areda especula con llegar al Constitucional para hacer valer los derechos del cura Fernández Blanco
Los trabajadores del Santa María Nai siguen sin fiarse de su propia casa
Constituida la Xunta de Goberno, se abre este miércoles el curso de reuniones de la nueva legislatura
Galicia tendrá otro tren con Madrid que llegará a la capital del Estado antes de las 3 de la tarde
Nuevo convenio y nuevo intento en segunda legislatura para lograr el nuevo vial del barrio de O Cuco