A Deputación confía a Amigos da Terra a xestión de As Corcerizas, no San Mamede, ata agosto do ano 2022
 
A Deputación de Ourense ven de confiar a "Amigos da Terra" a xestión do Centro de Educación Ambiental e o Albergue Xuvenil de As Corcerizas, na ascensión ao Alto de San Mamede dende Arnuide, Vilar de Barrio, na paraxe de O Caudillo. Un acordo adinado polo presidente da institución e a presidenta da entidade, da a xestión a Amigos da Terra ata o 15 de agosto do ano 2022.
 
 
 
 
 
15 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da entidade “Amigos da Terra Galicia-Xuventude”, Paula Vidal Abalo, asinaron ese xoves un acordo que permitirá á asociación continuar desenvolvendo ata o ano 2022 actividades formativas e de lecer referidas á ecoloxía, o medio ambiente e o fomento das boas prácticas sostibles no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, centro pioneiro en Galicia e un referente estatal no eido da ecoloxía, segundo Amigos da Terra.

Desta maneira, a Deputación de Ourense prorroga o contrato de arrendamento ao ”Centro de Educación Ambiental e Albergue Xuvenil de As Corcerizas” ata o 15 de agosto de 2022. O centro está ubicado no Concello de Vilar de Barrio, na Serra de San Mamede (Ourense) e está especializado en actividades ambientais.
Manuel Baltar e Paula Vidal coincidiron en afirmar que este acordo suporá un pulo importante ao desenvolvemento de actividades de formación, información e sensibilización sobre educación ecolóxica e sustentable, algo que o Centro As Cocerizas ven realizado dende hai anos, o que o levou a ser un centro pioneiro en Galicia e un referente de ámbito estatal no uso das enerxías renovables para o seu autoconsumo, e sinaladamente, no eido da bioconstrución e na xestión alternativa de resíduos.

Este centro formativo e de ocio sobre a natureza desenvolve ao longo do ano un singular programa de actividades medioambientais, entre as que figuran os “Roteiros de educación ambiental” sobre o cambio climático, as enerxías renovables ou a bioconstrución, ademais de actividades prácticas de agrogandeiría e silvicultura ecolóxica, nas que se abordan temas de transxénicos, compostaxe, ornitoloxía, e obradoiros de sons da natureza, enerxías renovables, bixutería natural e papel reciclado.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, MIÉRCOLES
 
Fidalgo Areda especula con llegar al Constitucional para hacer valer los derechos del cura Fernández Blanco
Los trabajadores del Santa María Nai siguen sin fiarse de su propia casa
Constituida la Xunta de Goberno, se abre este miércoles el curso de reuniones de la nueva legislatura
Galicia tendrá otro tren con Madrid que llegará a la capital del Estado antes de las 3 de la tarde
Nuevo convenio y nuevo intento en segunda legislatura para lograr el nuevo vial del barrio de O Cuco
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO