Rematou o programa para mulleres emprendedoras do Concello de Ourense coa presentación de 12 proxectos
 
Alcalde e concelleiros de Igualdade e de Emprego do Concello de Ourense, deron por rematado coa entrega de diplomas o programa de creación de empresas que organizou o Concello, o Instituto da Muller e o FSE. 14 mulleres emprendedores que pesentaron 12 proxectos empresariais, dous dos cales xa iniciaron a actividade, participaron nesta nova acción formativa do Concello ourensán.
 
 
 
 
7 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, a concelleira de Igualdade, Mónica Vázquez, e o concelleiro de Emprego, Comercio e Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, entregaron este mércores os diplomas ás 14 mulleres emprendedoras ourensás que participaron no programa de creación de empresas organizado polo Concello de Ourense en colaboración co Instituto da Muller e o Fondo Social Europeo., e foi impartido por Escola de Organización Industrial
O programa, dirixido a mulleres emprendedoras que tiveran unha idea de empresa, tiña como finalidade proporcionar ás alumnas formación, apoio e ferramentas de xestión e acompañamento necesarias para transformar os seus proxectos en empresas reais.

O programa pretendía, así, fomentar a creación de empresas e o traballo por conta propia, impulsar vocacións empresariais, converter ideas de empresa en proxectos viables, fomentar a creatividade e proporcionar unha formación básica sobre as distintas áreas funcionais da empresa.
O curso impartiuse no Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, contando cunha fase formativa de 100 horas, fase de titorización de proxectos de 248 horas e outras 52 de dirección e coordinación do programa

Remataron o curso un total de 14 alumnas, que presentaron 12 proxectos empresariais, nos sectores de servizos a empresas (5), comercio ao por menor (3), servizos vía web (2), fabricación e venda de produtos frescos de pastelería e outros. A día de hoxe, 2 destes proxectos xa están en marcha e un terceiro a piques de iniciar a actividade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 7, MARTES
 
Miles de peces muertos y un olor nauseabundo certifican la alta contaminación del Embalse de As Conchas
Subdelegación de Gobierno de Ourense sigue invitando a regularizar el empleo sumergido antes de agosto
La Xunta adjudicó 14 viviendas de Promoción Pública en Carballeda y O Barco de Valdeorras
Oira se suma a Monterrei y abre al baño sus piscinas de carácter gratuito este sábado
Este sábado abre ao baño o Complexo de Monterrei coas súas seis piscinas en servizo