O Parque Barbaña acolle este sábado a II edición do Festival de Hip Hop Edición Especial
 
O Parque Barbaña acolle este sábado a II edición do Festival de Hip Hop Edición Especial, unha iniciativa dun grupo de rapaces da cidade que conta co apoio das concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza do Concello de Ourense. A xornada está dirixida especialmente ao público xuvenil, e, segundo a concelleira implicadas na convocatoria, "supón a incorporación efectiva da propia mocidade na axenda local de Ourense".
 
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Este sábado, 2 de xuño, o Parque Barbaña acollerá a II edición do Festival de Hip Hop Edición Especial, unha iniciativa dun grupo de rapaces e rapazas da cidade que se desenvolve co apoio das concellarías de Xuventude, Cultura e Limpeza de Ourense, e que foi presentada este xoves.  No acto tamén estivo representada a asociación cultural Anacos da Cidade, que leva anos colaborando con esta agrupación.
As tres edís convidaron aos veciños e veciñas da cidade a desfrutar “dunha xornada de hip hop ao aire libre” dirixida en especial ao público xuvenil. Unha iniciativa multidisciplinar con exhibicións de graffiti, break dance, skate e por suposto música nunha proposta diversa e plural “que contribue a dinamizar un espazo público e, ademais, supón a incorporación efectiva da propia mocidade na axenda local de Ourense”, apuntaba a edil de xuventude Marta Arribas.

Segundo explicaron os propios organizadorees, Saleta Díaz e Roi Lozano, o festival arranca desde a mañá: a partir das 11 haberá zona skate de libre participación e zona ReciclARTE, unha exhibición de graffiti en colectores, caixas, mobles....unha reinvindicación ddas posibilidades da reciclaxe que a concelleira de Limpeza, Susana Bayo calificou como positiva: “estamos moi satisfeitos de colaborar con este evento, que nos permite visibilizar esa transversalidade que eu defendo para a concellaría”.  
Ao longo do día haberá obradoiros de bailes e enhibicións de street dance que darán paso, a partir das 17.00 aos concertos: 5 grupos de rap ourensanos acompañados dun primeiro espada da escena estatal e xa internacional, Cookin Soul.  

Ao respecto, a concelleira de Cultural, Isabel Pérez, quixo salientar a programación musical que Ourense nestá desfrutar nos últimos meses, "e que reproduce o concepto plural que este goberno ten da cultural, abranguendo neste caos ámbitos e xéneros musicais do máis variado".
Pola súa banda a Concelleira de Xuventude Marta Arribas agradeceu ao resto de departamentos municipais así como aos patrocinadores privados "o ter confiado nunha iniciativa integramente xuvenil", o que supón
"dar resposta a un dos obxectivos que nos fixamos como prioritario, fornecer e estimular o empredemento entre a xente nova e amosarlles que poden sacar os seus proxectos adiante", sinalou a concelleira.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, MIÉRCOLES
 
Educación del Concello amplia el Camiño Escolar al Mestre Vide y le añade autobús gratis
Convocadas las ayudas del Concello para libros y para los comedores escolares del próximo curso
Expourense es para los coches este fin de semana con la “Ourensemotor 2011”, el Salón del Automóvil
Rematada e inaugurada unha nova zona verde nas marxes fluvias do Barbaña, a altura da Molinera
Fallados y entregados los premios del I Concurso de Primavera de pinchos Cidade de Ourense 2011