Un sorteo terá que resolver o empate técnico entre as dúas ofertas para humanizar a rúa Remedios desta cidade
 
O Concello de Ourense convocou as dúas empresas a presenciar o sorteo que será preciso facer para desempatar as súas respectivas ofertas a unha mesma obra, a de humanización da rúa Remedios desta cidade. A Xunta Local de Goberno acordou tamén na súa reunión deste xoves, contratar o proxecto para a construción do bulevar termal pola marxe dereita do río Miño.
 
 
 
 
1 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este xoves realizar un sorteo entre as dúas empresas mellor avaliadas para adxudicar as obras de humanización na rúa Remedios. As empresas Construcciones Hnos. Carrajo SA e Construccións Jesús Martínez Álvarez, serán citadas para adxudicar por sorteo as obras, ante o empate técnico dambas ofertas presentadas para a contratación dos traballos de humanización na rúa Remedios no barrio do Couto.
Cun orzamento estimado de 930.000 euros as actuacións están dirixidas a mellorar a accesibilidade para os peóns coa supresión de barreiras arquitectónicas e a xerarquización do tráfico, no treito final da rúa Remedios, na súa intersección entre a rúa Greco e a glorieta da rúa Dalí, sinala o Concello da capital ourensá.

As melloras no ámbito da accesibilidade inclúen a incorporación de novos pasos de peóns, o emprego de pavimento táctil, dirixido a persoas con discapacidade visual, e a inclusión nas prazas de estacionamento de espazos dirixidos a persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, o rediseño do último treito de rúa contempla un espacio adicional destinado a prazas de aparcamento, ampliando as existentes na actualidade, para mellorar as condicións de acceso dos veciños da zona e reordear o tráfico urbano.

A renovación de mobiliario urbano, vencellado á mellora da seguridade dos mesmos e a súa adaptación á normativa vixente, o cambio da rede de saneamento e a mellora de abastecemento e a sustitución da iluminación existente por unidades de baixo consumo enerxético, completan a actuación que implica unha mellora nas condicións da zona para peóns e tráfico rodado, actualizando o aspecto ambiental do barrio e renovando a paisaxe urbana.
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto de aconcionamento de espazos urbanos na cidade de Ourense, referido a rúa Alejandro Pedrosa, no barrio de A Ponte, por un importe de 1.059.777, 72 euros.

Con ambos investimentos, o Concello de Ourense confirma o seu compromiso coa posta en valor dos barrios da cidade co acondicionamento de espazos públicos que impliquen unha mellora nas condicións de circulación e faciliten os accesos á zona, tanto para peóns como para conductores.

Ronda Termal pola marxe dereita do Miño

A Xunta de Goberno Local deste xoves tamén acordou a contratación do proxecto para a construción do Bulevar termal na marxe dereita do Miño, por importe de 103.899 euros.
A nova Ronda Termal consiste na remodelación do ramal sur da estrada N-120, entre o paso superior de acceso norte da A-52 e a glorieta da Ponte Ribeiriño, así coma os ramais de conexión co ramal norte de dita entrada, que se converte nunha nova “vía parque” que acompañe todo o percorrido termal, dende o Centro de Interpretación de Parques Naturais de Quintela ás Termas da Chavasqueira, O Tinteiro ou o Muíño da Veiga.

O proxecto terá unha lonxitude aproximada de 2 quilómetros, e sería aberta ó tráfico rodado, con zona arborada, carril bici e aparcadoiros, reconvertindo a estrada en avenida urbana de acceso á cidade.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, MIÉRCOLES
 
Educación del Concello amplia el Camiño Escolar al Mestre Vide y le añade autobús gratis
Convocadas las ayudas del Concello para libros y para los comedores escolares del próximo curso
Expourense es para los coches este fin de semana con la “Ourensemotor 2011”, el Salón del Automóvil
Rematada e inaugurada unha nova zona verde nas marxes fluvias do Barbaña, a altura da Molinera
Fallados y entregados los premios del I Concurso de Primavera de pinchos Cidade de Ourense 2011