O Pavillón de Os Remedios acolle os vindeiros 16 e 17 de xuño o I Torneo Intercity de baloncesto de rúa 3x3
 
A Concellería de Deportes do Concello de Ourense auspicia o que será o I Torneo Intercity de baloncesto de rúa 3x3, que terá lugar nas instalacións do Pavillón Municipal de Os Remedios os días 16 e 17 de xuño. "Non só se trata dun evento deportivo, senón que se busca tamén o fomento da cultura de rúa, propia deste deporte", sinalou un dos promotores do evento lúdico-deportivo, Willie Ladson.
 
 
 
 
 
31 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

O concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Fernando Varela, e os organizadores da actividade, Willie Ladson e Toni López, presentaron este mércores nas instalacións do Consello Municipal de Deportes, o I Intercity de baloncesto de rúa 3x3, que terá lugar nas instalacións do Pavillón de Os Remedios os vindeiros días 16 e 17 de xuño.

Tal e como explicou Willie Ladson, que leva traballando desde fai tempo no programa deste campionato, "non só se trata dun evento deportivo, senón que se busca tamén o fomento da cultura de rúa, propia deste deporte". Polo que haberá música, entretenemento, exhibicións de baile, e outras actividades, e que será "un moi bó complemento para os días previos das festas de Ourense".
Toni López, subliñou que "o evento sirve tamén para recordar que non só existe o fútbol", ao tempo que agradeceu á concellaría de Deportes a implicación para levar adiante este I torneo.

O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, agradeceu públicamente o traballo das persoas que compoñen o Consello Municipal de Deportes, que fan posible que se leven adiante estas actividades, e anunciou que "esta é unha das moitas actividades deportivas que haberá ao longo do mes de xuño, e que se presentarán nos primeiros días".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 31, MARTES
 
Ourense acoge estos 1 y 2 de junio las Xornadas de Divulgación de las Energías Renovables
Ourense Centro implanta una aplicación móvil pionera en España que promociona el comercio local
Ya son 54 los concellos ourensanos que facilitan cambios de domicilio de conductores y vehículos
Fallados y entregados los premios del I Concurso de Primavera de pinchos Cidade de Ourense 2011
Dos vecinos de Verín detenidos tras provocar sendos altercados en la zona de copas este fin de semana