Cultura presenta para maio en Ourense unha completa oferta "de todo tipo e para todos os públicos
 
Cultura reforza aínda máis no mes de maio os esforzos culturais, e preparaou unha "amplísima oferta cultural" que pivota en torno a data do día 3 e a Festa dos Maios. De feito, a programación deste mes etiquétase co epígrafe Aí Ven o Maio. A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, sigue apostando polo eido cultural e por "programar de xeito intelixente para pór a cultura ao servizo de todos os veciños e veciñas de Ourense", sinalou outra vez Isabel Pérez.
 
 
 
 
Isabel Pérez
30 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

Baixo o epígrafe Aí Ven o Maio, a Concellaría de Cultura de Ourense ven de presentar unha "amplísima oferta cultural" para un mes que en Ourense é sinónimo dunha das festas máis características e agardadas do calendario, Os Maios.
O vindeiro día 3, a Concellería de Cultura lembra que as rúas do Paseo e Lamas Carvajal volverán acoller estas esculturas de musgo e flores dando forma a un circuíto que se completa coa XVI edición da Feira de Artesanía e a feira dos Maios, adicada á gastronomía. O evento marca o arranque dun mes con actividades "para todos os gustos", nas que, a decir da titular de Cultura do Concello de Ourense, Isabel Pérez, "se comproba como este goberno local aposta por manter ese Ourense como cidade de cultura que continua a ser, a Atenas da Galiza".

A dirixente nacionalista deu conta dunha ampla oferta  que se desenvolverá no mes de maio, e na que, ademais das datas claves como son os propios Maios, o concerto dos Resentidos, a nova edición do Festival Jazz de Primavera ou o Día das Letras Galegas, continuase apostando por iniciativas estables no ano: programación infantil, o ciclo +CINE ou as diferentes citas teatrais do Auditorio.
Para a concelleira Isabel Pérez  trátase de "programar de xeito intelixente para pór a cultura ao servizo de todos os veciños e veciñas de Ourense", apostando ao tempo por un sector que, "contra o que parecen pensar algúns políticos, xera emprego sostible no tempo, crea riqueza e, ademais, contribúe a construción cidadá e persoal dos individuos".

A concelleira de Cultura e Turismo de Ourense aproveitou a presentación da campaña Aí Ven o Maio para defender a posición "privilexiada" na que Ourense se atopa en materia cultural: "por contraste con outras cidades de igual ou incluso máis habitantes en proporción contamos cunha oferta de actividade superior en cantidade e, tamén, en calidade".
Eventos especializados coma o ciclo Sen Batuta, que o día 2 celebra un dos concertos máis agardados, o de Hagen Cuartet, contribúen a fornecer o compromiso da Concellería e o abano de expectativas culturais que depara este mes de maio.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, SÁBADO
 
Fomento licita toda la obra del AVE Madrid-Galicia entre Olmedo y Santiago en 2.332 millones de euros
Verea también se postula como posible ubicación de la macro incineradora de la Xunta de Galicia
Visto bueno de la Comisión de Pleno del Concello a la Ordenanza de las Actuaciones Comunicadas
El CHOU baja a 44 días las esperas en cirugía global y a 32 en consultas, según Núñez Masid
En Xinzo, Guillermo Vázquez acusa a PP y PSOE de estar buscando “desviar a atención dos problemas da xente”