Entrou en servizo o Centro de Transformación de Biomasa de Trasmiras, pioneiro en Galiza e o segundo de España
 
Entrou en servizo o Centro de Transformación de Biomasa de Trasmiras, un centro pioneiro en Galicia xa que en toda península só hai dous e un deles está no veciño Portugal. Ten como característica singular o feito de estar dotada da última tecnoloxía para a produción de astillas de diferentes calidades, produtos finais que van dirixidos á industria e ao uso doméstico. O presidente da deputación, José Manuel Baltar, subliñou que estos centros "supoñen unha aposta segura para o futuro medioambiental da nosa provincia".
 
 
 
 
 
19 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Este fin de semana entrou en funcionamento o Centro de Transformación de Biomasa de Trasmiras, centro pioneiro en Galicia polas súas avanzadas características de procesado e tratamento da materia prima procedente da xestión forestal dos montes. A planta de biomasa de Trasmiras, coma que só existen dúas máis na Península Ibérica, unha delas en Portugal, conta cunha superficie de almacenaxe, báscula de pesaxe, oficinas, rede contra incendios, pala cargadora e criba, todo elo nunha nave industrial de 1.500 m2, e ten como característica singular o feito de estar dotada da última tecnoloxía para a produción de astillas de diferentes calidades, produtos finais que van dirixidos á industria e ao uso doméstico.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que acudíu a posta en marcha desta planta acompañado do alcalde de Tramiras, Emilio Pazos Ojea, dixo que a Deputación de Ourense "é consciente dos problemas existentes cos incendios forestais dos últimos anos, e por elo decidiu apostar pola tecnoloxía aplicada ás enerxías renovables para xestionar o residuo de biomasa forestal e contribuír coa limpeza dos montes e cunetas de estradas como medida preventiva contra o lume".
Baltar considera que a implantación e funcionamento de centros de biomasa como o que hoxe se inaugura "supoñen unha aposta segura para o futuro medioambiental da nosa provincia, tanto no que atinxe á aplicación de políticas sostibles como á necesidade de crear un novo mercado na provincia que xire en torno ao sector das enerxías renovables, porque economía, medio ambiente e sostenibilidade teñen que convivir perfectamente", sinalu o titular da Deputación ourensá.

Coa finalidade de ampliar este proxecto, o Servizo de Auga e Medio Ambiente da Deputación de Ourense puxo en marcha una iniciativa para crear unha rede de centros de procesamento biomasa estratexicamente distribuídos na provincia de Ourense, co fin de que a biomasa residual existente nas montañas e nas marxes da rede de estrada provincial, puidese ser administrada como residuos e ser utilizada como materia prima para un sector industrial que proporciona numerosas vantaxes.
A Unión Europea viu con bos ollos este proxecto sostible proposto pola Deputación de Ourense e aprobou a  axuda financeira necesaria para realizar.
O financiamento do proxecto tivo un investimento total de 1.896.000 euros, dos que o 70% foron aportados a través dos fondos FEDER e o restante 30%, por parte da Deputación de Ourense. Asemade, hai tamén unha achega de capital privado, que ascende a 1.357.810 euros, por parte da UTE Foresga, encargada da construción, explotación e mantemento dos centros de biomasa.
En canto á produción, a empresa estima unha produción anual de 100.000 toneladas de residuo forestal tratado.

O funcionamento das plantas de transformación de biomasa consiste en centros de recollida e almacenamento de materia prima forestal para o seu tratamento e transformación en astilla, coas cualidades necesarias para o seu posterior uso en instalacións de xeración de enerxía térmica ou eléctrica.
Estes centros están situados estratexicamente nos municipios de Arnoia, Trasmiras e A Gudiña, e os criterios para a determinación destes emprazamentos son a proximidade con áreas de maior densidade de biomasa e silvicultura, a proximidade dos fluxo de madeira (serrarias, fábricas de pellet e fábricas de mobles), e a proximidade de vías rápidas de transporte por estrada, especialmente a A-52.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, SÁBADO
 
El Gobierno de Ourense invoca la intervención de la Xunta de Galicia para evitar la parálisis urbanística de la ciudad
En 10 o 15 días el Concello tendrá lista la relación de proyectos que hay que salvar del parón
Áurea Soto anuncia un nuevo Plan de Urbanismo que se hará “con poso e reposo”, y que “non se vai caer”
Isabel Pérez califica como “a gran revolución pendente” acabar con la era Baltar en la Deputación de Ourense  
El PP denuncia que se le impide acceder a la documentación del “Plan Allariz 2020”