O Concello de Ourense autoriza adquisición de software de xestión para o proxecto Ecoinnova
 
O Concello de Ourense vén de iniciar o desenvolvemento do proxecto "Ecoinnova" noutra edición, proxecto que ten como finalidade fomentar a innnovación ecolóxica nas pequenas e medianas empresas e a súa internacionalización. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deulle este xoves aprobación a posta en marcha doutra edición deste programa. Autorízase a compra de software de xestión por un importe de algo máis de 11.000 euros
 
 
 
 
2 de DECEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense vén de iniciar o desenvolvemento do proxecto “Ecoinnova”, que ten como finalidade fomentar a innovación ecolóxica nas pequenas e medianas empresas e a súa internacionalización. A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o inicio do desenvolvemento deste proxecto, coa adquisición do software de xestión para a súa execución, por un importe de 11.210 euros.
Ecoinnova é un proxecto liderado polo Concello de Ourense, financiado co Programa Interreg IV B, no que participan seis institucións de catro rexións da Unión Europea. O proxecto conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros, cofinanciado con Fondos FEDER da Unión Europea, e desenvolverase ata o ano 2013.

O proxecto está liderado polo Concello de Ourense, que actúa como xefe de filas,  e participan tamén a Asociación para o Centro de Incubación de Base Tecnolóxica do Minho (Portugal), a Fundación Galicia Europa, a Asociación para o Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega (ADRAT), de Portugal, a Universidade de Glamorgan (Gales) e a incubadora de empresas Bordeaux Productic (Francia).
O obxectivo principal do proxecto é promover a eco-innovación, concepto que engloba todas aquelas actividades innovadoras destinadas a reducir o impacto ambiental e aumentar a protección ambiental. Neste contexto, eco-innovación é un novo producto, proceso, servizo, método ou sistema de xestión cuxo uso serva para reducir ou evitar danos ambientais.

O proxecto márcase dous obxectivos principais.
En primeiro lugar, definir unha estratexia conxunta para fomentar a eco-innovación, baseada na análise da situación actual en cada rexión que achegue solucións concretas ós problemas e situacións existentes. Preténdese así fomentar e promover eco-negocios, impulsar e facilitar a implantación de sistemas eco-innovadores nas empresas e estimular a internacionalización e a cooperación das eco-empresas no Espacio Atlántico.
O segundo obxectivo estratéxico é crear unha ferramenta de servicios (toolbox) transnacionais para promover e facilitar a eco-innovación e o eco-emprendemento.

O proxecto Eco-Innova foi seleccionado na convocatoria do programa Interreg IV-B Espacio Atlántico 2007-2013, no eixo 1, destinado a apoiar iniciativas que persigan promover o espíritu empresarial a escala transnacional e as redes de innovación, co obxectivo de estimular a conversión e  a diversificación económica promovendo o potencial rexional endóxeno.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  José Ángel Vázquez Barquero  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, JUEVES
 
Dimite Poly Novoa como presidente del PP de Ourense-capital, justo a los 3 años de ser elegido para el cargo
Ourense listo para firmar el protocolo del AVE, “se poder ser mañá mellor que pasado”, dice el alcalde
Juárez dice a los veterinarios que es lógico que la Xunta, “como calquera empresa” ajuste el personal ...
El PSOE insiste en que Feijóo castiga a A Limia porque los populares son "da corda dos Baltar"
Califican de perjudicial para Ourense la nueva Lei de Comercio de la Xunta