O número 35 de "Raigame" é un monográfico dedicado ao autor de "Memorias dun neno labrego"
 
O número 35 da revista "Raigame" que edita a Deputación de Ourense, está dedicado a Neira Vilas. "Estamos diante dunha das obras máis universais da literatura galega, con máis de 700.000 exemplares publicados  en 17 idiomas, incluídos o chinés e o esperanto", sinalou o director da revista, Xulio Fernández Senra, ao referirse a "Memorias dun neno labrego" de Neira Vilas.
 
 
 
 
 
15 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense presentou este lunes o número 35 da revista “Raigame”, que dedica un monográfico ao escritor Xosé Neira Vilas. O autor de “Memorias dun neno labrego” estivo no acto de presentación da publicación xunto co presidente da Deputación, José Luis Baltar, e os directores da revista, Xulio e Mariló Fernández Senra.

José Luis Baltar dixo sentirse “moi honrado” por acoller na institución provincial “a un dos escritores contemporáneos da literatura galega máis recoñecidos e prestixiados no mundo, que soubo plasmar como ninguén en Memorias dun neno labrego os valores e as vivencias do noso rural galego”, sinalou Baltar Pumar.
Baltar dixo que Neira Vilas “é un dos bos e xenerosos da nosa terra”, e o feito de que Raigame lle dedique un monográfico “supón un recoñecemento á súa traxectoria e unha mostra máis da calidade que atesoura esta publicación”.

Pola súa banda, Neira Vilas agradeceu á Deputación de Ourense e aos directores de Raigame “que me permitan compartir monográficos con autores tan ilustres da cultura galega como Xocas, Ramón Piñeiro, Lorenzo Varela, Lugrís Freire, Uxío Novoneira e moitos outros, o que demostra que esta plural e rica achega da nosa literatura nos diferentes números de Raigame fai que sexa unha publicación sen limitación xeográfica nin intelectual”.

O monográfico sobre “Memorias dun neno labrego” ten unha gran importancia, segundo Xulio Fernández Senra, “porque estamos diante dunha das obras máis universais da literatura galega,con máis de 700.000 exemplares publicados  en 17 idiomas, incluídos o chinés e o esperanto, e cunha versión teatral en lingua maia e unha edición en braille”.

O análise desta obra en Raigame abórdase desde a óptica de literatos, profesores universitarios, críticos e xornalistas, que ofrecen ao lector un itinerario pola vida de Neira Vilas e de Balbino -o protagonista da novela-, para explicar o acontecido na vida dun neno na época da postguerra no rural galego.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, LUNES
 
La plantilla de la Deputación de Ourense es la más cara de las cuatro diputaciones gallegas
Áurea Soto acusa al PP de “sirvengüencería” y llama “vago” al portavoz popular, Enrique Novoa
Los vecinos de la ciudad piden más contenedores en los que poder verter y reciclar
Al paro otro año los 600 fijos-discontinuos de las brigadas do lume de la Xunta de Galicia
Dispuesto todo el operativo de lucha contra la nieve y el hielo en las carreteras ourensanas