Comeza este martes na Aula Multiusos do Campus de Ourense o ciclo "Mulleres de cine"
 
“Mulleres de Cine”, un proxecto impulsado polo Instituto da Muller, chega a Ourense con este mes de setembro. É a primeira mostra itinerante de películas españolas recentes realizadas por mulleres. O ciclo comeza este martes, coa presenza en Ourense da Secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara. Rematará o vindeiro día 29, e as proxeccións serán na Aulta Multiusos de Campus
 
 
 
 
 
20 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concelleira de Igualdade, Mónica Vázquez xunto a Presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, Isabel Pérez e a Vicerreitora do Campus de Ourense María Lameiras inauguran a II Mostra Itinerante de Cine Español feita por Mulleres, “Mulleres de Cine”, que se desenvolverá entre os días 20 e 29 de setembro.
As proxeccións da Mostra celebraranse na Aula Multiusos do Edificio de Facultades da Universidade de Vigo no Campus Universitario de Ourense e a entrada será libre ata completar o aforo.

“Mulleres de Cine”, un proxecto impulsado polo Instituto da Muller, é a primeira mostra itinerante de películas españolas recentes realizadas por mulleres. A acción articúlase mediante a programación de ciclos de longametraxes e curtametraxes, a presentación de películas a cargo das súas directoras e a celebración de coloquios que aborden o tema da participación artística e técnica das mulleres no sector cinematográfico e cultural. "Unha iniciativa que nace con vocación de continuidade e coa aspiración de actuar positivamente pola igualdade de xénero", sinalouse no acto de presentación este luns.

Programa

20 de setembro; 19:00 horas
Presentación e Proxección a cargo de Laura Seara, Secretaria de Estado de Igualdade.
Cuchillo de Palo/ Renate Costa/ 93 min
Trala proxección levarase a cabo un coloquio co público, onde se contará ca presenza da productora da película, Marta Andreu, e a directora técnica do proxecto, Ana Isabel Palacios.

21 de setembro; 19:00 horas
19:00h B-Side/ Eva Vila/ 92 min

27 de setembro; 19:00 horas
Entrevista a un hombre blanco/ Beatriz Caravaggio/ 4 min
Illa de pedra/ Adriana Páramo/ 19 min
Kiss the murder/ María Cañas/ 8 min
Bechos raros/ Estíbaliz Burgaleta, Alegría Collantes/ 11 min
La piscina/ Beatriz Mínguez/ 8min

28 de setembro; 19:00 horas
1997/ Peque Varela/ 8 min
Distancias/ Pilar Mansell/ 28 min
Espacio simétrico/ Virginia García del Pino/ 10 min
Exhibition19/ Alaitz Arenzana, María Ibarrtxe/ 9 min

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, LUNES
 
Con la reunión del Consello Local, los órganos del BNG abren este martes el proceso de reestructurar el Grupo Municipal
Ana Garza queda ahora como referente en el Concello de una Tenencia en decadencia
Este lunes, a las 9 de la mañana, el pleno extra de los Paneles Informativos del Concello de Ourense
El PSOE lleva al pleno de la Deputación el Plan de Dinamización del Oriente ourensano
La revista Retranca gana el Premio Ourense de Banda Deseñada 2010