Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 

Demetrio Espinosa

 
  O Concello considera que é preciso porlle remate ao estado que presenta o Vertedoiro de Eiroás, moi deteriorado tanto polos continuados incendios forestais como polos actos vandálicos. Así que acometerase un proxecto de recuperación ambiental do espacio, non exento tamén dun novo peche perimetral que impida o acceso aos ociosos. Suporá un investimento de 158.000 euros.
 
Noticias Relacionadas
  La Xunta de Goberno aprobará este jueves dotar de PDAs a 25 agentes de la Policía
  Presentado públicamente o proxecto do novo Centro de Atención e Información á Muller
 
 
Aprobadas melloras para o Vertedoiro de Eiroás, incluído un novo peche perimetral do recinto
23 de ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL
   

A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobou a apertura do proceso de contratación das obras de melloras medioambientais no vertedoiro de Eiroás, cunha contía de casi 158.000 euros. “A necesidade do proxecto a executar débese ós continuados incendios forestais e actos vandálicos que afectaron ó vertedoiro dende a súa clausura”, sinala ao respecto o Concello ourensán.
As obras de reforma consistirán na instalación dun novo peche perimetral, a limpeza da arboleda e maleza das pozas e cunetas de recollida de augas e a construcción dun valado de protección.

O novo peche perimetral garantizará a inaccesibilidade de persoas non autorizadas e de animais, sustituíndo o deteriorado peche actual, moi afectado polos incendios. Co fin de garantir a calidade das augas, incluirase un valado de protección que impida a mistura das augas de chuvia e outras procedentes de regatos que atravesan a parcela na arqueta de recollida.
Asimesmo, as cunetas de recollida de augas serán acondicionadas, solventando as actuais grietas que provocan filtracións ó vertedoiro, e eliminando a maleza e a arboleda que perxudican o seu correcto funcionamento.

O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, salientou a necesidade do acondicionamento da zona, debido á mala conservación actual das instalacións do vertedoiro, a consecuencia dos incendios. “Co proxecto a executar, lograrase unha sustancial mellora na calidade, control e mantemento do vertedoiro”, engadiu o responsable do departamento medioambiental.

Visto bueno al nuevo Sistema Informático de la P.L. y al Centro de Atención e Información á Muller

Así mismo, fuera del orden del día aunque como estaba previsto y anunciado, la Xunta de Goberno Local de este jueves aprobó la adjudicación provsional del nuevo Sistema Informático de Gestión de la Policía Local, que supondrá una dotación inicial de 25 PDAs para los agentes de este Cuerpo, entre otros servicios que incluye este amplio sistema, y que supone una inversión de 199.000 euros con cargo al Plan E.

De análogo modo se procedió con el proyecto del nuevo Centro de Atención e Información á Muller que presentó públicamente el pasado martes la concelleira de Igualdade, Marta Arribas, y que, ubicado en el veterano edificio de Radio Ecca de la Calle de la Enseñanza de esta ciudad, cuenta con un presupuesto de 600.000 euros también con cargo al Estado a través del Plan Estatal de Emprego e Desenvolvemento Local.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página