Ao marxe da análise pura e dura dos números, o concelleiro de Deportes explicou que o seu departamento mantén os plantexamentos asumidos no mesmo intre en que o bipartito se fixo cargo do Goberno de Ourense e Fernando Varela da Concellería de Deportes. O que ven a decir que o Consello Municipal de Deportes seguirá apostando por “facilitar o acceso á práctica deportiva de todos os ourensáns”. Sinalou tamén Fernando Varela que nestes Orzamentos hay vontade descentralizadora, e que aínda que Os Remedios seguirá a ser o cerne da actividade deportiva, o deporte municipal extenderase cada vez máis os barrios “para dar o mellor servizo posíbel ao maior número de cidadáns”. Varela destacou tamén os proxectos que compre afrontar de inmediato, como do Centro Deportivo de Eiroás que xa conta con partida orzamentaria.
 
Noticias Relacionadas
  A Promoción e Fomento do Deporte lévase casi a metade dos Orzamentos de 2010 do Consello de Deportes
 
 
O CMD mantén o rumbo, según Varela: “facilitar o acceso á práctica deportiva a todos os ourensáns”
 
Fernando Varela / Manuel Mosquera
11 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

Contención no gasto corrente e incremento dos investimentos en instalacións, xunto ao apoio á actividade deportiva, son as dúas liñas que definen os Orzamentos do  Consello Municipal de Deportes para o concelleiro responsábel de esta área, Fernando Varela Parada.

O concelleiro destacou que detrás destes Orzamentos existe  “a vontade de descentralizar a actividade deportiva en Ourense, que aínda que manterá como centro os Remedios, extenderáse aos barrios para dar o mellor servizo posíbel ao maior número de cidadáns”.
Nesta liña, o Concelleiro quixo destacar os primeiros pasos para a posta en marcha do futuro Pavillón de Ximnasia no complexo sur de Mariñamansa “do que desfrutarán os máis de 400 rapaces e rapaces que hoxe practican esa disciplina na cidade”.
Mención especial recibiu tamén adxudicación definitiva aprobada na Xunta de Goberno da pasada semana do Centro Deportivo  das Eiroás, que contará ademais cun campo de fútbol de herba sintética. O centro será xestionado de xeito indirecto a través dunha colaboración coa iniciativa privada, e o CMD xa comprende unha partida orzamentaria, a modo de subvención e por valor de 40.000 euros para asegurar o mantemento de taxas asequibles deste complexo. Na mesma aduxdicación incorpórase tamén a reforma e recuperación das piscinas de Oira, que contarán con  pista de padel e squash, ofrecendo servizo permanente.

Así mesmo, explicou Varela que este apartado comprende as actuacións no Pavillón dos Remedios, a reforma da cuberta e a instalación dun sistema de aforro enerxético e aproveitamento de enerxía solar. Ademais, están previsto un investimento superior aos 100.000 euros para reposición  en instalacións deportivas e equipamentos informáticos para mellorar a xestión de abonados, así como a sinatura dun convenio coa Universidade de Vigo para un estudo de investigación que permita coñecer o impacto na actividade física na sáude, o programa “Móvete pola saúde”, orientado á terceira idade.

Nova liña de bolsas a deportistas individuais

No apartado de subvencións, o criterio que Varela definiu como prioritario é o da obxectividade, xa que “desde 2008 vimos introducindo nas bases das subvencións baremos de obxectividade que reduzan a discrecionalidade das aportacións das subvencións nominativas”.
Neste sentido sinalou que se priorizan as axudas a aquelas actividades deportivas “innovadoras, participativas e susceptíbeis de supor un retorno económico para a cidade” axudando a financiar os gastos de funcionamento ordinario de clubes e entidades.
Como novidade, o Concelleiro anunciou que por primeira vez introdúcese unha liña de bolsas de axuda para deportistas individuais “un aspecto fundamental para casos concretos que aínda non tiveramos a oportunidade de abordar”.

Respecto das subvencións nominativas, as de adxudicación directa e carácter excepcional, Varela explicou que “non se trata de desmantelar de súpeto un sistema que herdamos do anterior goberno, pero queremos primar a competitividade. Hai moitas asociacións deportivas na cidade que contribúen a tecer esta rede do deporte de base do que poidamos desfrutar todos, e ese é o noso obxectivo estratéxico”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página