A xestión das instalacións deportivas e o deporte en xeral dependente do Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes, manterá en 2010 as constantes dos dous exercicios precedentes. Son en total 4,3 millóns de euros de Gasto, que se xestionarán mantendo mínimas variacións e sempre dentro dos criterios marcados dende o principio de lexislatura por Fernando Varela para o seu departamento. Un bo reflexo é o capítulo de subvencións, onde todo o que sube o fai tan sostidamente como o que baixa, que son as achegas de adxudicación directa e carácter excepcional. A Promoción e o Fomento do Deporte sigue a ser o capítulo ao que máis recursos se destinan dos Orzamentos de 2010, casi a metade, un 48,21% do total orzamentado.
 
Noticias Relacionadas
  O CMD mantén o rumbo, según Varela: “facilitar o acceso á práctica deportiva a todos os ourensáns”
 
 
A Promoción e Fomento do Deporte lévase casi a metade dos Orzamentos de 2010 do Consello de Deportes
 
11 de MARZO de 2010: OURENSE DIXITAL

A casi 4,3 millones de euros elévanse os Orzamentos do 2010 do Consello Municipal de Deportes, ógano que xestiona a totalidade das instalacións deportivas de carácter municipal da cidade e, polo tanto, dependentes do Concello de Ourense.
Os Orzamentos, que foron presentados este mércores polo concelleiro de Deportes, Fernando Varela, e polo Xerente do Consello, Manuel Mosquera, adican casi a metade do gasto orazamentario a partida de Promoción e Fonento do Deporte, que totaliza algo máis de 2 millóns de euros, o que representa un 48,21% dos Orzamentos.

As instalacións deportivas supoñen a segunda partida do Gasto por volumen orzamentario, con un 39,38% do total, o que se traduce en casi 1,7 millóns de euros consignados ao funcionamento, coidados e infraestructuras das propias instalacións deportivas da cidade.
Os gastos correspondentes á partida de    Administración consumen o 12,41% restante dos casi 4,3 millóns de euros orzamentados, o que representa para esta partida 529.596 euros para todo o 2010.

Subvencións: subida xeral leve e reducción continuada das “nominativas”



Asi mesmo, tamén foi presentado o Gasto correspondente a Subvencións a deportistas e actividades deportivas para o ano en curso. No 2010 consolídase a tendencia alzista do bipartito ao frente do Concello e de Fernando Varela como responsable da Concellaría de Deportes, si ben no conxunto de tódalas axudas concedidas.
Mentras 2009 supuxo unha leve baixada en materia de subvencións con respecto ao 2008, no 2010 as subvencións do Consello Municipal de Deportes chegan a 1,2 millóns de euros, si ben o teito dos 200 millóns das antigas pesetas logra romperse polos 40.000 euros que se introducen de achega para financiar en 2010 as tarfias dos usuarios de Eiroás e Oira.

Neste capítulo, siguen á baixa as subvencións nominativas e decir, aquelas “de adxucicación directa e de carácter excepcional”, comportamento que se ven mantendo dende que o bipartito chegou ao Concello de Ourense e Varela Parada á Concellaría de Deportes. Por contra, tan levemente como baixan as anteriores suben as que se asinan a “Actividades Competitivas” adicadas a financiar a organización de eventos, como “Competitivas Xerais” que se adican a financiar o funcionamento ordinario das entidades deportivas.
Aínda que, pese ser a partida cuantitativamente menor, 35.510 euros, é a de “Premios e Bolsas” a que experimenta maior variación en 2010, neste caso crecemento, ao pasar a duplicar os 16.500 euros asinados o pasado ano, 2009.

Volver atras
Imprimir Página