Home  
 
 
 
 
Aínda que a perspectiva que debuxa a situación herdada dos gobernos anteriores do PP e do Plan de Urbanismo do 2003 e complexa e incluso traumática, a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, confía en que "entre un e tres anos o PXOM do 2003 desapareza". Sinala a concelleira que dende o Concello, políticos e técnicos están a traballar duro para correxir as consecuencias da herdanza nesta materia. Aínda que se diría que a hoxe concelleira de Urbanismo, arquitecta de profesión, o que máis lle doe é que os populares, con seu portavoz e no seu día concelleiro de Urbanismo, Poly Novoa, "non só non pediu perdón polo que fixo no urbanismo desta cidade nos 12 anos que estivo ó mando, senón que di que volvería a facer o mesmo"
 
Noticias Relacionadas
  Os técnicos fallan tamén a favor de Oficina de Planeamento, S.A. para redactar o novo PXOM de Ourense
 
 
Fotografía : JOSÉ CERDEIRA 
 
Áurea Soto: “O PP non só non pediu perdón polo que fixo, senón que di que volvería a facer o mesmo"
4 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Urbanismo do Concello de Ourense que dirixe a arquitecta Áurea Soto, sinala que acomete a reordenación urbanística da cidade "á vista da grave situación na que se atopa, despois de que o PXOM aprobado en 2003 fose anulado por oito sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia". Áurea Soto recoñece que a corporación municipal "está a traballar intensamente para xestionar a difícil situación que deixou Enrique Nóvoa, para que a cidade poida reconducirse, tratando de por en marcha coa maior celeridade o novo PXOM".

“O PP non só non pediu perdón polo que fixo no urbanismo desta cidade nos 12 anos que estivo ó mando, senón que di que volvería a facer o mesmo", sinala a concelleira de Urbanismo, que recorda que o Plan que agora ven de anular por reiteradas sentencias o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi defendido polos populares que aseguraban no seu momento que  sería "un modelo a imitar por outras cidades".

Non foi así e, o que é pior, sinala a concelleira, "a día de hoxe, a situación urbanística da nosa cidade é complexa, pero os cidadáns deben saber que estamos a traballar incansablemente para reconducila. É probable que entre un e tres anos o PXOM do 2003 desapareza".

Volver atras
Imprimir Página