Home  
 
 
 
 
  A empresa Oficina de Planeamento S.A. será a encargada de elaborar o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense, segundo ven de resolver a Mesa de Contratación do concurso convocado polo no seu día polo Concello de Ourense a estes efectos.
Despois de analizar a documentación presentada por esta firma, a Mesa de Contratación constatou que "Oficina de Planeamento cumple cos  requisitos técnicos e económicos establecidos no pliego de condicións do concurso", ofertando a realización do novo PXOM por un importe de 1.044.000 euros, IVE engadido, o que supón unha baixa dun 20% fronte ó orzamento de licitación do concurso. A adxudicación firme comeza agora a recta final do seu procedemento, xa que a mesa de contratación trasladará esta proposta á Xunta de Goberno Local, que acordará a adxudicación da elaboración do novo Plan Xeral. En canto a cartografía, os técnicos aínda non resolveron, ainda que sí elminaron a catro aspirantes quedando outros tantos.
 
Noticias Relacionadas
  Áurea Soto: “O PP non só non pediu perdón polo que fixo, senón que di que volvería a facer o mesmo"
 
 
Os técnicos fallan tamén a favor de Oficina de Planeamento, S.A. para redactar o novo PXOM de Ourense
4 de NOVIEMBRE de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Mesa de Contratación ven de resolver a favor de Oficina de Planeamento como a mellor disposta no concurso convocado no seu día, para elaborar un novo Plan de Urbanismo de Ourense. A Mesa de Contratación ven de resolver neste sentido, polo que agora dará trámtie ao procedemnto que desembocará nunha reunión da Xunta de Goberno Local para refrendar o que os técnicos veñen de decidir.
A empresa adxudicataria contará, dende que os organismos municipais confirmen a adxudicación, cun mes para presentar un plan de traballo, 7 meses para traer ó Concello un docuento inicial, 10 meses para redactar o documento de aprobación inicial, outros tres para informar ás alegacións, 4 para aprobación provisional e outros 3 para aprobación definitiva.

Oficina de Planeamento é a empresa redactora de, entre outros, os PXOM de Ferrol, Santiago, Oleiros, Vedra, Muros e Foz, así como os de concellos como Móstoles, San Fernando, O Pino, Mondoñedo, Betanzos, Teo, Bergondo, Bueu, Nigrán, e a modificación do PXOM de Vigo, no ámbito o Parque Tecnolóxico.
Creada no ano 1978, recibiu en 1997 o 1º Premio Europeo de Urbanismo da Comisión Europea, pola redacción do PERI de Santiago de Compostela. 
 
O lastre cartográfico

Tamén este luns reuniuse a Mesa de Contratación do concurso convocado polo Concello para adxudicar a redacción da cartografía do novo Plan Xeral. Aquí aínda non se producíu unha resolución definitiva a favor de algunha das plicas presentadas, senón un primeiro descarte de catro das empresas que optaban a adxudicación.
 
Despois da análise da documentación aportada polos licitadores, catro empresas foron descartadas por non cumprir os requisitos técnicos esixidos na convocatoria. As catro firmas que optarán á adxudicación dos traballos son “Ditecar S.L.”, “UTE Geomap S.A.-Cartografía e Medicións S.L.”, “UTE Caribersa S.L-Cartogesa, S.A.” e “Altais S.L.”.
A mesa de contratación valorará en próximas xuntanzas as propostas realizadas por estas catro empresas para decidir cal será a encargada de realizar os traballos.

Para redactar un novo PXOM é preciso unha nova cartografía, segundo os informes dos técnicos municipais, posto que a cartografía actual está totalmente obsoleta no seu aspecto técnico. Segundo consta nos informes técnicos municipais, a cartografía obrante no Concello de Ourense "está totalmente obsoleta en su aspecto técnico ya que su estructura informática además de que adolece de defectos de los que se informó en su día, no se adapta a la actual tecnología por lo que sería muy dificultoso readaptarla para asociar a ella una base de datos alfa-numéricos que permita la gestión del Plan de Ordenación".

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página