Home  
 
 
 
 
A montaxe coa que compañía Sarabela Teatro leva transformando as pozas do Muíño da Veiga nun balneario decimonónico, "O asombro da auga" fará o seu último pase  o vindeiro domingo día 7.  O horario manténse ás 21.00 nas pozas, con saída do Tren das Burgas ás 20.30 da Praza Maior.
 
Noticias Relacionadas
  Todo a punto para o estreno este venres de O asombro da auga que traslada ao espectador ao Ourense decimonónico
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Remata por este verán a montaxe da compañía Sarabela "O asombro da auga" no Muiño da Veiga
4 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

Remata a montaxe coa que a Concellería de Termalismo e Tenencia de alcaldía pretenderon animar as estadías no Muiño da Veiga durante este verán. A compañía Sarabela remata a súa posta en escea de "O asombro da auga" este vindeiro domingo, día 7.

Malia que o remate das actuacións estaba prevista para o sábado 6, sinala Tenencia de alcaldía,  prorrogarase un día máis para que tódolos ourensáns e visitantes poidan desfrutar desta mostra de teatro da rúa. Trátase dunha historia de época que recupera elementos do Ourense termal máis tradicional. O día 7 "barqueiros, lavandeiras e turistas que veñen tomar as augas despediránse dun público que lles acompañou ao longo de todo o mes de agosto".

Volver atras
Imprimir Página