Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Isabel Pérez, concelleira de Cultura

 
  O Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, e a Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, asistiron este martes a presentación de O asombro da auga, a última montaxe de Sarabela Teatro. Un espectáculo de rúa que terá como escenario de excepción as marxes do río Miño, no Muíño da Veiga. Foi  desenvolto por esta compañía en estreita colaboración coa Tenencia de Alcaldía a través das Concellerías de Cultura, Termalismo e Mobilidade. A estrea será este venres as 20.30 e haberá actuacións o longo de todo o mes de agosto e a primeira semana de setembro. 
 
 
Todo a punto para o estreno este venres de O asombro da auga que traslada ao espectador ao Ourense decimonónico  
30 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

“Hoxe Ourense e o teatro están de noraboa”. Con esta afirmación a Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, convidaba  hoxe a ourensáns e visitantes a desfrutar d’O asombro da auga, a última proposta da compañía Sarabela.  O espectáculo presentouse esta mañá nas pozas de Muiño da Veiga, na marxe do río Miño, coa presenza de lavandeiras e bañistas interpretados polo elenco de actores.  A peza é a actividade estrela do Verán Máxico organizado desde a Tenencia de Alcaldía, o que será evento escénico da tempada nesta cidade e co que este organismo pretende animar a cidadáns e turistas a gozar da riqueza termal de Ourense dun xeito diferente. 
Este O asombro da auga  traslada aos espectadores ao Ourense decimonónico, no quediverxos personaxes como as lavandeiras ou os pescadores desenvolvían a súa actividade á beira do Miño e bañistas de todas partes chegaban á cidade para tomar as augas. Sarabela recolle este ambente a través dun grupo de visitantes liderados por unha figura histórica: Jimena Fernández de la Vega, muller natural do Lugo e experta en termalismo  que foi unha das primeiras licenciadas en Medicina.
 
O asombro da auga representárase ao longo dos  venres e sábado de agosto e a primeira semana de setembro, a partir das 20.30 da tarde.
A esa hora, o tren turístico sairá da Praza Maior para recoller aos espectadores que desexen gozar do espectáculo, e , acompañados sempre polos propios bañistas “á busca das augas”,   levaraos ata as pozas do Muíño da Veiga, onde se desenvolverá a acción.
Tanto a entrada como o transporte serán de balde e a estrea será este mesmo venres, día 1. 


                              
Volver atras
Imprimir Página