2010, ABRIL
 
 
 
 
Un ano máis chegan as subvencións e becas do Consello Municipal de Deportes. Nas de 2010 hai poucas novedades con respecto a anos anteriores. Volven a ser subvencionables as actividades “deportivas federadas e de interese social”, así como a participación ou organización de competicións, mentras que no plano invididual sigue habendo 3 categorías, de iniciación, de cualificación e de alto rendemento, e van deps 1.200 aos 1.500 euros, máximo.
 
 
Aberto o prazo para solicitar as subvencións e becas do CMD correspondentes a 2010
ABRIL de 2010: OURENSE DIXITAL

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria de subvencións en materia deportiva para o ano en curso, 2010.
O CMD declara actividades subvencionables as deportivas federadas e de interese social, ralizadas entre o día 1 de novembro de 2009 e o 31 de outubro deste 2010.
Esta, a do 31 de outubro de 2010, será a data tope para presentar a documentación.
Asi mesmo, tamén é subvencionable a participación ou organización de competicións, sempre que sexan federadas e perteñecentes neste caso a tepaña 2009-2010.
Aquí o prazo máximo para presentar a documentación remata o día 26 des abril.

Así mesmo haberá axudas individuais a deportistas en bolsas para o exercicio de este 2010, que serán de tres tipos:

— de iniciación, destinadas a deportistas menores de 21 anos, cuxa contía será de 1.200 euros;

— de cualificación, destinadas a deportistas que presenten unha traxectoria deportiva relevante, e que terán unha contía máxima de 1.300 euros;

— e as de alto rendemento, destinadas a deportistas que acaden a condición de “deportistas de alto rendemento” pola Xunta de Galicia, cuxa contía será de 1.500 euros.

Nestes tres casos, o prazo máximo para presentar a documentación remata o vindeiro 16 de xuño.

Ao igual que noutras ocasións, o deporte escolar está excluído desta convocatoria, e facilítase máis información ao respecto no proopio Consello Municipal de Deportes (Pabellón Os Remedios, Pardo de Celan, 2), ou na páxina web do Concello.

Volver atras
Imprimir Página