A Ponte acolle este venres, 23, a III edición da súa Carreira Popular
  O foso de saltos do Pavillón convértese nunha piscina exterior
  Reedítase o Maratón das Festas de Ourense, os días 26 e 27 de xuño
  Presentado o XIX Torneo Cidade de Ourense de Fútbol Cadete
  Presentado o "Campus de Verano" do Celta de Vigo no que colabora o CMD
  Abre un novo Polideportivo de Oira moi distinto ao de antes, máis moderno e funcional agora
  Oito equipos disputan a Copa Raíña de Fútbol Sala Feminino no Pavillón dos Remedios de Ourense
  Unha sentenza obriga á Deputación á pagar ao CMD 40 millóns de pesetas con intereses de demora
  A Promoción e Fomento do Deporte lévase casi a metade dos Orzamentos
  Subvencións: subida xeral leve e reducción continuada das "nominativas"
  Capítulo VI : Transferencias Correntes
  O CMD mantén o rumbo, según Varela: "facilitar o acceso á práctica deportiva a todos os ourensáns"
  Subvencións e becas do 2010
 
A Ponte acolle este venres, 23, a III edición da súa Carreira Popular das Festas de Santiago

O barrio de A Ponte acollerá este vindeiro día 23 de xullo, con motivo das Festas de Santiago, a III Carreira Popular “A Ponte” 2010, con organización de Ourense Academia Postal e patrocinio do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. A proba estará baixo control da Federación Galega de Atletismo, e poderán participar nela tanto atletas federados como non federados.

A carreira comezará ás 21:00 horas na categoría de “pitufos” sobre un percorrido de 400 metros, rematando a partires das 21:25 horas coa saída para os veteranos de 40 anos en adiante. As 22:25 horas está previsto o acto de entrega de premios.

 

Quenes queiran participar nesta carreira poderán facelo a través de Internet, na web championchipnorte, nas instalacións do Pavillón de Os Remedios (Pardo de Cela, 2) e nas da Sociedade La Troya (Ribeira de Canedo, 2). O prazo de inscricións remata o mércores, día 21, ás 20:00 horas.
Os atletas inscritos na Carreira Popular de “O Couto” do pasado 9 de maio, xa están preinscritos nesta carreira, o mesmo que na de A Carballeira que se celebrará o vindeiro 24 de outubro. O mesmo que os que se inscriban na de A Ponte tamén quedarán preinscritos na carreira de A Carballeira.

Haberá trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría, e para os cinco primeiros da categoría absoluta, tanto en homes como en mulleres. Todos os participantes que cheguen á meta recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira ata fin de existencias, segundo a organización.
Na categoría de “pitufos”, tódolos cativos que completen o percorrido terán dereito a medalla.


 

 
 
 
 
 
Varela subliña que é preciso buscar o equilibro entre deporte federado e "como actividade física"
 
  Actividades Programadas
En marcha o "Proxecto Coñece 2010" do Club Alpino co Consello
Municipal de Deportes