Como chegar
 
Pola A-52 saímos en Xinzo de Limia, só que en dirección a Vilar de Barrio. Cruzamos esta vila hacia Maceda, e logo desviámonos á dereita en dirección a Laza. A un quilómetro está Borrán, onde empeza a viaxe de 14,6 quilómetros polo Alto Arnoia por Riobó e Prado.
 
  A zona en detalle
 
Galería de Imágenes
 
 
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
  O Macizo Central
Espazos Protexidos: REDE NATURA 2000
Espazos Protexidos: RESERVA NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE  NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE NACIONAL Espazos Protexidos: MONUMENTO NATURAL Espazos Protexidos: HUMEDAL PROTEXIDO Espazos Protexidos: PAISAXE PROTEXIDA Espazos Protexidos: ZEPVN Espazos Protexidos: ZEPVN-LIC Espazos Protexidos: ZEPVN_ZEPA
 
Inventario dos Humedais de Galicia
REGIAC
¡Vive ao Natural!
 
 
Polo Alto Arnoia, sucesión de fervenzas
FEBREIRO de 2009: OURENSE NATURALMENTE

Poucos ríos como o Arnoia acumulan tanta beleza nos seus escasos 90 quilómetros que ten de vida pola provincia de Ourense. Netamente ourensán, xa que morre no Miño polo concello ó que lleda nome e nace ó pé do San Memede, poucas correntes como esta teñen a sorte de nacer en paraxes tan fermosas como as que lle deparan as terras altas de Vilar de Barrio.

 
 
Os catorce quilómetros que van desde a localidade de Borrán ata Rebordechao, no Concello de Vilar de Barrio, atópanse ateigados de paisaxes e estampas dun Arnoia que, nada máis nacer, sorpréndenos no inverno caudaloso e plácido polos vales destas terras altas de Vilar de Barrio, ó tempo que repleto de fervenzas que lle engaden aínda maior encanto.
O río nace no Macizo Central, ó pé da cima da Serra de San Mamede, pola súa cara sur, por enriba da localidad de Rebordechao onde chega pola súa esquerda según se alcanza esta localidade. Polos caborcos que abren as pronunciadas ladeiras do San Mamede, discurren as primeiras surxencias que dan orixe ó Arnoia.
Cando en invernos como o deste 2009 as nevadas xon xenerosas coa serra, as ladeiras do San Mamede actúan a modo de despensas que lle permiten ó Arnoia un sostido suministro de augas.
A partir de Rebordechao, onde o río baixa precipitado polas ladeiras da serra, o Arnoia vólvese sosegado e plácido para recorrer un pequeno val de cinco quilómetros e medio que vai ata a localidade de Prado.
En calquera caso, a placenteira viaxe ó que chamamos O Alto Arnoia empeza 14,5 quilómetros antes, na localidade de Borrán.
A este pobo situado a quilómetro e medio de Vilar de Barrio, o Arnoia chega alternando traxectos encaixados con espazos abertos, onde é perceptible o río entre unha amalgama de vexetación espesa e variada de castiñeiros, bidueiros, rebolos e eucaliptos, entre outras especies menos abundantes.


O río xa mostra unha das súas principais características, os continuos saltos de auga produto das represas que forman as rupturas do terreo que orixinan aquí as súas características e fermosas fervenzas.
A altura da localidade de Riobó, cinco quilómetros máis arriba de Borrán, o terreno vólvese máis áspero e o Arnoia escóndese ata xa preto de Prado, tres quilómetros máis arriba, onde se abre un val que xa non remata ata Rebordechao.

É aquí onde o Arnoia se fai máis visible e a súa beleza máis evidente. Sempre pola marxe dereita do camiño, o río aparece entre continuos pastos, discurrindo sereno pero tamén sempre facéndose notar polo bater das súas augas nunha continuada sucesión de fervenzas.
Non é difícil, ó contrario, achegarse a calquera delas polos non poucos camiños que baixan ó río. De feito, nalgúns casos as vairas que preceden ós saltos son aproveitadas pola xente do lugar como zona de vadeo

para atravesar o río e de tránsito para os animais.

A medida que o camiño se achega a localidade de A Ermida, tres kilómetros máis arriba de Prado, o val consigue a súa maior amplitude e o río a súa máxima placidez. Por aquí discurre o Arnoia como sen présa ninguna, paseniño, agardando outras augas que, pola esquerda, reforzan aquí dun xeito considerable o seu caudal.
Fora das crudezas do inverno, por aquí as augas atravesan por un permanente fondo verde de lameiros ben coidados que poblan a cotío as reses dos veciños de Rebordechao.
Nos catro quilómetros e medio que quedan ata esta localidade, o Arnoia sigue amosándose acolledor e notorio, se diría casi que con ganas de ser visto e de agradar, nunha viaxe doada e reconfortante ata mesmo casi a súa nacenza, ós pés da Serra de San Mamede, nun dos pobos máis recónditos do Macizo Central Ourensán, Rebordechao.

 



Volver atras
Imprimir Página