Como chegar
 
A opción máis recomedable é por Montederramo.
Desde A Mogaínza, un pouco máis adiante de Gabín, alcanzar a cara oeste do Bidueiral supón 6,5 kms. de camiñada. Visitar a zona representa unha andaina duns 20 quilómetros.
 
  A zona en detalle
 
Galería de Imágenes
 
 
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
O Bidueiral de Montederramo
  O Bidueiral de Montederramo
Espazos Protexidos: REDE NATURA 2000
Espazos Protexidos: RESERVA NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE  NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE NACIONAL Espazos Protexidos: MONUMENTO NATURAL Espazos Protexidos: HUMEDAL PROTEXIDO Espazos Protexidos: PAISAXE PROTEXIDA Espazos Protexidos: ZEPVN Espazos Protexidos: ZEPVN-LIC Espazos Protexidos: ZEPVN_ZEPA
 
Inventario dos Humedais de Galicia
REGIAC
¡Vive ao Natural!
 
 
O Bidueiral de Montederramo
XANEIRO de 2009: OURENSE NATURALMENTE
Asentado na cara Norte das ladeiras do San Mamede, O Bidueiral de Montederramo foi un día encrucillada de camiños que conectaban as terras altas de Vilar de Barrio e Maceda coas de Queixa a través de Montederramo. Un lugar sementado de camiños e de lenda, como a de que foi aquí onde, segundo o propio relato de Blanco Romasanta, O Home Lobo de Allariz devorou a maioría das súas vítimas.
 
Este lugar na cara Norte do San Mamede, outrora sementado de camiños e de xentes que ían das terras altas de Vilar de Barrio e Maceda ás de Montederramo e Queixa, ten aínda un halo de misterio e un algo de enigmático.

O Bidueiral de Montederramo ten unha superficie de 1,9 hectáreas nos seus aproximadamente 11 quilómetros de perímetro, que se cruza en non máis de 3 de este a oeste e á

As devasas delimitan claramente O Bidueiral de Monterramo. No pico do triángulo está a cima do San Mamede.

inversa. Ateigado de bosques e bosquetes caducifolios, neste momento é un das fragas de bidueiros mellor conservadas de Galicia e un dos mellores exemplos de vexetación eurosiberiana máis meridionais do Noroeste da península.
Situado nas empinadas ladeiras da cara Norte da Serra de San Mamede chegando ata a mesma cima, este espazo aproxímase á cota 1.600 no seu extremo superior e descende ata os 960 metros de altitude no seu extremo inferior.
Hoxe en día, por sorte, O Bidueiral de Monterramo ten a consideración de Zona de Especial Protección, ZEPVN, que lle vale un trato semellante o dos Ancares ou A Baixa Limia, e forma parte dun espazo da Rede 2000, cal é todo o conxunto do Macizo Central Ourensán.

Aquí confluían outrora unha amálgama de camiños que facían desta paraxe unha especie de encrucillada en torno ao principal, O Camiño de Santa Cruz ou Camiño de Queixa.

Camiño de ida e volta cara ao Val de Maceda e as terras máis altas de Vilar de Barrio, ata el chegaban e desde aquí cortaban os camiños de Montederramo.
Foi outrora paraxe que asistiu a unha considerable trasfega de xentes, bestas e carruaxes que por este Bosque atravesaban cara a múltiples destinos.
O visitante discorre polo Biduerial de Montederramo hoxe en día precisamente por ese camiño, unha pista fácil de transitar, de trazado doce e, sobre todo, rodeada de decenas de estampas case imposibles de captar polo ollo humano en toda a súa extensión, amplitude e grandeza.

No Bidueiral de Montederramo os veráns son especialmente refrescantes e os
outonos incomparablemente íntimos.
Nos días máis tórridos do estío, o visitante acha aquí unha especie de despensa de frescor, algo así como un oasis entre a dureza das escarpadas ladeiras do San Mamede. Aquí tenta sempre deixar transcorrer, como mínimo, as horas centrais deses duros días de calquera
verán.
Pero son os outonos os que no Bidueiral de Montederramo deparan estampas incomparables, cromatismos peculiares á caíada da folla dos bidueiros e unha ampla gama de caducifolias que en poucos lugares de Galicia maniféstanse como aquí.

Agradable, íntimo, pero tamén cun certo halo de enigmático. Aquí atópanse As Gorbias ou Gorvias, un dos escenarios que Manuel Branco Romasanta sinalou como os das mortes de case todas as súas vítimas.
Aquí, neste lonxevo bosque polo que a mediados do Século XIX tantos camiños atravesaban, discorreron tamén as correrías do Home Lobo de Allariz, O Lobishome.
E dixo el ante a Xustiza que foi aquí onde, afectado dun mal que lle volvía lobo no canto de home at sentir a irrefreable necesidade de dar morte a aquelas mulleres e os seus
fillos, onde os matou convertido en lobo.

 

Volver atras
Imprimir Página