Como chegar
 
A opción máis recomedable é por Montederramo.
Desde A Mogaínza, un pouco máis adiante de Gabín, alcanzar a cara oeste do Bidueiral supón 6,5 kms. de camiñada. Visitar a zona representa unha andaina duns 20 quilómetros.
 
  A zona en detalle
 
Galería de Imágenes
 
 
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
O Bidueiral de Montederramo
  O Bidueiral de Montederramo
Espazos Protexidos: REDE NATURA 2000
Espazos Protexidos: RESERVA NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE  NATURAL Espazos Protexidos: PARQUE NACIONAL Espazos Protexidos: MONUMENTO NATURAL Espazos Protexidos: HUMEDAL PROTEXIDO Espazos Protexidos: PAISAXE PROTEXIDA Espazos Protexidos: ZEPVN Espazos Protexidos: ZEPVN-LIC Espazos Protexidos: ZEPVN_ZEPA
 
 
Como chegar
O Bidueiral de Montederramo
XANEIRO de 2009: OURENSE NATURALMENTE
 
A opción máis recomendable é a de Montederramo.
Desde a capital ourensá é preciso saír pola C-536, antiga N-120, sinalizada agora como A Pobra de Trives e Cabeza de Manzaneda.
Pasado Vilariño Frío, nada máis cruzar a ponte sobre O Mao, aparece un desviou á dereita a Montederramo, a 6 quilómetros deste punto.
Alcanzado Montederramo, é preciso atravesar esta localidade sen desviarse en dirección a Chandrexa de Queixa, ata, outra vez a man dereita, atopar o desvío a Gabín.

Gabín áchase a 2,5 quilómetros deste punto. Pero aconsellamos seguir ruta en dirección á última localidade desta estrada: A Mogainza, que se atopa no punto quilométrico 1,7 quilómetros máis adiante.
Nada máis chegar a este pequeno pobo, atopamos unha pista que corta tamén a man dereita.
É transitable con automóbil, e supón unha camiñada de 6,5 quilómetros ata o punto de entrada ao Bidueiral do Montederramo.
Por esta pista, alcanzaremos O Bidueiral a 4,5 quilómetros, pero é conveniente seguir subindo 2 quilómetros buscando a cara oeste deste lugar onde se atopa a porta máis recomendable para visitalo. É a cuarta pista que se abre pola nosa esquerda contando unha vez que, no punto 4,5, cortamos á dereita para seguir subindo.

Cruzar O Bidueiral de Montederramo de oeste a este neste caso, son uns 6 quilómetros.
A camiñada desde A Mogainza, en caso de optar pola opción máis saudable, totaliza 19 quilómetros.
 

 

Volver atras
Imprimir Página