Verín anuncia su Entroido y confirma que el Pregón volverá a ser el Domingo Corredoiro
 
 
Como quiera que el de 2018 funcionó perfectamente, el Gobierno de Verín no considera que deba cambiar nada relevante en el Entroido de 2019. Lo que incluye al Pregón en el Domingo Corredoiro
 
 
 
Diego Lourenzo | Emilia Somoza | Gerardo Seoane (ARCHIVO)
4 de Febrero de 2019: OURENSE DIXITAL

En línea "continuista" con pasadas ediciones y un presupuesto de 100.000 euros, muy similar al del pasado año, el Concello de Verín anunció este lunes el Entroido de 2019 de esta villa. En esa anunciada línea de continuismo está también el hecho de mantener el Pregón do Entroido el Domingo Corredoiro, como ocurrió en la pasada edición y dado "o éxito acadado", señaló el alcalde, Gerardo Seoane.

"Ao igual que nos últimos tres anos, desde o grupo de goberno mantémonos firmes na potenciación e valorización do que consideramos que e a esencia e a identidade da nosa celebración, o entroido popular na rúa", afirmó la concelleira de Cultura, Emilia Somoza. El regidor municipal destacó que el objetivo del Concello volverá a ser que los vecinos gocen del Entroido "sen que se poña en risco a súa saúde e integridade física", de ahí que el Concello ya trabaje en el correspondiente Plan de Seguridade.

Según Diego Lourenzo, teniente de alcalde, el presupuesto volverá a estar en torno a los 100.000 euros, manteniéndose tanto la recaudación popular como los donativos de la pasada edición, y volviendo a contar el Concello con la aportación de la Axencia Galega de Turismo. Como manda la tradición, el Entroido arranca el 21 de ese mes con el Xoves de Compadres.

 
        Programa
 

XOVES DE COMPADRES (21 de febreiro)
Os "compadres", dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín que arrinca tras a primeira saída dos cigarróns. As 00:00 horas, tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os "compadres" percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior (saída), Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducirá aos compadres polas céntricas rúas de Verín. Tras a queima, a festa rematará na Praza Maior con Discomóbil Enjoy.

DOMINGO DE CORREDOIRO (24 de febreiro)
A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os/as fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns. Ás 13:30h na Praza Maior terá lugar o Pregón.

 As charangas Támega e Vakapinta, a Discomobil Gramola e a Orquestra Trebol marcarán o ritmo durante toda a xornada.

XOVES DE COMADRES (28 de febreiro)
Pola mañá, a partir das 11:45 horas, os nenos e nenas das Garderías Pinocho e a Asociación Tres Reinos de A Mezquita; as casas niño de Monterrei, Cualedro e Castrelo do Val; os CEIPs Amaro Refojo, Princesa de España, Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Vendas da Barreira, Augusto Assia da Mezquita, Medeiros, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada e da iniciativa Kero Kolo, percorrerán as rúas máis céntricas de Verín no Desfile Infantil de Entroido. Do mesmo xeito que o ano pasado, o desfile comezará no entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguirá polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar nas Prazas Maior e Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música da Banda de Gaitas do Concello de Verín e das charangas Támega, Vakapinta, Mil9, A Chicoria, Terra de Trives e Alambique

E pola noite, mandan as mulleres. Tras as tradicionais ceas das comadres nos restaurantes da vila, amenizadas polas charangas TámegaVakapinta, Mil9, Europa e Terra de Trives, as mulleres dirixiranse á Casa de Escudo, no barrio de San Lázaro, onde, sobre a 00:30, partirá a procesión.

A partir das 00:00 na Praza Maior estarán animando xa as Discomóbiles Enjoy e Gramola. En San Lázaro, a Raíña recibirá a comitiva encabezada por Don Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse a Praza Maior onde tras o saúdo da Don Carnal e a Raíña a festa continuará na Praza Maior coa Orquestra Marbella.

VENRES DE COMPADREO (1 de marzo)
Pola mañá, a charanga Támega percorrerá as rúas de Verín. Pola tarde, A celebración comezará ás 19:00 horas no barrio de San Lázaro, desde onde sairán dous carros cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. En todo momento a música acompañará aos carros a cargo dos Festicultores Troupe e da Discomóbil Space.

Xa a medianoite, a festa continuará na Praza maior a cargo da Grupo Claxxon.

SÁBADO DE ENTROIDO (2 de marzo)
Pola mañá, as Charangas Vakapinta e Támega percorrerán as rúas. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, contaremos cun divertido circuíto no que as Charangas. Fuego (19:00 horas)Támega (20:00 horas) levarán a música e a festa polas rúas Montemaior (saída), Lisa, Cruz, Praza Edesio Fuentes, Praza da Mercé, e regresarán a rúa Montemaior.

Ás 17:00 horas, o protagonismo será para o “Bautizo do Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez, na Praza da Mercé.

Ás 18:00 horas, a Praza da Mercé acollerá un divertido baile de capuchóns e mascaritas, amenizado pola Discomóbil Son de la Nuit.

A festa continuará, a partir pola tarde/noite na Praza Maior coas Orquestras De Moda e Miramar. 

DOMINGO DE ENTROIDO (3 de marzo)
Chegamos o día grande do entroido en Verín. A a partir das doce, cigarróns, comparsas e carrozas , percorren o centro da vila no gran desfile matinal ofrecendo os asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongara ate a hora de xantar.

Durante toda a xornada, as charangas TámegaVakapintaNova Terra de Terra de Trives Fuego encherán as rúas da vila coa súa música, pola tarde/noite as orquestras Principal e o Ritmo Joven amenizarán a Praza Maior ata ben entrada a madrugada.

LUNS E ENTROIDO (4 de marzo)
Pola maña, animación musical a cargo da charanga Támega. A partir de las 16:30 horas, entroido infantil con obradoiros, xogos e karaoke no Pavillón Municipal de Deportes. A tarde estará amenizada pola música da charanga Támega que percorrerá a vila entre mascaras e disfraces. Non nos esquecemos dos nosos maiores, no Centro da Terceira Idade da Alameda, haberá un divertido baile de entroido coa Charanga Támega.

Pola tarde, a música comeza da man das Orquestras Aramio e Nevada na Praza Maior, onde os asistentes disfrutarán coa degustación de dous dos nosos tradicicionais productos gastronómicos típicos do Entroido: empanada e bica. A festa continuará na Praza Maior cunha gran verbena amenizada coa actuación das mesmas orquestras, a partir das 00:00 horas.

MARTES DE ENTROIDO (5 de marzo)
Chegamos a recta final. último día da gran troula popular. Pola maña, animación musical a cargo das charangas Támega e Mil9. A partir das 16:30 da tarde, o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor, acompañadas de acordes musicais das charangas TámegaTerra de Trives, Mil9 e Fuego. Como non podería ser de outra maneira, a festa seguirá na Praza Maior coas orquestras La Oca Garibaldi.

DOMINGO DE PIÑATA (10 de marzo)
Como epílogo das festas, o Domingo de Piñata pecha a semana grande cunha gran comida popular para os participantes nos desfiles amenizada por unha discomóbil.

Farase entrega tamen dos tradicionais premios ”Cigarrón de honra” “Pescadilla” e “Fidelidade.”

 
 
   Imprimir Página
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
     
 
 
     
     
   
     
     
 
HACE HOY UN AÑO
5, Lunes