Constituído o Consello Regulador Provisional da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia
 
No Consistorio de Arnoia quedou constituído este xoves o Consello Regulador Provisional da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia. Este órgano ten "carácter provisorio", e encargarase da posta en marcha da indicación xeográfica ata a celebración do proceso electoral polo que se constitúa o novo órgano de xestión. Ao asistíu o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto
 
 
 
 
 
9 de AGOSTO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

O secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, presidiu este xoves a reunión de constitución do Consello Regulador Provisional da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia, acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial da Arnoiae a el tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o alcalde do concello da Arnoia, José Camilo Fariñas.
Este consello terá "carácter provisorio" e estará encargado da posta en marcha da indicación xeográfica ata a celebración do proceso electoral polo que se constitúa o novo órgano de xestión.

Segundo a aprobación do regulamento da IXP Pemento de Arnoia, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado venres, 2 de agosto, esta indicación xeográfica protexerá aos pementos que cumpran na súa produción, recolección, almacenamento e comercialización todos os requisitos esixidos polo regulamento aprobado. Así mesmo, as zonas de produción amparadas pertencen ao termo municipal da Arnoia e a parroquia de Meréns, do municipio de Cortegada.
A totalidade da área pertence á Comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense. O número de produtores rolda actualmente os 20, cunhas 2,2 hectáreas e unha produción de preto de 66.000 kg.

A Consellería do Medio Rural e do Mar será a encargada de exercer a tutela administrativa sobre o Consello Regulador, sendo este o encargado da xestión da denominación Pemento da Arnoia. O control e certificación dos pementos acollidos a esta IXP competerá ao Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL).

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
 
EL TIEMPO en OURENSE